Novas ideas para fomentar o galego nas escolas
Este sábado celébrase a xornada 'Sumando espazos, espallando a lingua', no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, para "dar a coñecer iniciativas innovadoras que sirvan como referente para o resto do profesorado no seu labor de promover o uso do galego".
Este sábado celébrase a xornada 'Sumando espazos, espallando a lingua', no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, para "dar a coñecer iniciativas innovadoras que sirvan como referente para o resto do profesorado no seu labor de promover o uso do galego".
Máis de cen docentes dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG) participan este sábado na xornada 'Sumando espazos, espallando a lingua', no Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, para "dar a coñecer iniciativas innovadoras que sirvan como referente para o resto do profesorado no seu labor de promover o uso do galego", tal e como informou a Xunta nun comunicado.
O encontro inaugurárono o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, que agradeceron o labor destes docentes na promoción do galego.
García destacou "a variedade de perspectivas e de ámbitos de acción" das experiencias de traballo, "unha mostra significativa da enorme dose de iniciativa e de creatividade que atesoura o profesorado que promove o galego dentro e fóra das aulas".
O secretario xeral agradeceu o traballo duns profesionais que "traballan cun sector da poboación fundamental para garantir o futuro do galego".
Corredoira, que tamén agradeceu o labor destes equipos, destacou que Galicia "conta cun modelo de ensino no que as linguas cooficiais conviven en harmonía, co mesmo espazo no horario lectivo, que é exemplo para todas as comunidades con linguas propia", de modo que se "garante que os alumnos alcanzan iguais competencias en galego e en castelán".
Escribe o teu comentario