A ONCE forma a fisoterapeutas galegos no tratamento de parapléxicos
Oito alumnos da Escola Universitaria de Fisioterapia da ONCE, adscrita á Universidade Autónoma de Madrid, de varias comunidades, entre elas Galicia, iniciaron as súas prácticas no Hospital Nacional de Parapléxicos de Toledo, onde estarán ata o 8 de febreiro.

Proceden de Madrid, Cataluña, Andalucía, Estremadura, Galicia e Murcia. "Con estas prácticas fórmanse con pacientes reais e, ademais, convértense nunha referencia para moitas persoas con discapacidade sobrevinda que están no centro", indicaron por parte da ONCE.
A entidade considerou, ademais, que as prácticas son un beneficio suplementario" para os pacientes con discapacidade física grave xa que, ademais de recibir "unha atención especializada e profesional por parte destes oito alumnos da Escola Universitaria de Fisioterapia da ONCE, senten estimulados ao ver que como traballan persoas con discapacidade visual". "Co seu traballo, rompen todas as barreiras", resumiron desde a ONCE.
Escribe o teu comentario