Santiago acolle o IV Simposio de Biopsia Líquida, con máis de 350 oncólogos
Oncólogos e investigadores abordarán os últimos avances en oncoloxía personalizada no marco do IV Simposio de Biopsia Líquida que se celebra este venres en Santiago de Compostela.
Máis de 350 oncólogos e investigadores abordarán os últimos avances en oncoloxía personalizada no marco do IV Simposio de Biopsia Líquida que se celebra este venres en Santiago de Compostela.
O grupo galego Oncomet, do Hospital Clínico de Santiago, organizador do punto de encontro, reúne nesta cita, destaca a organización, aos "maiores expertos" de ámbito nacional e internacional para analizar as aplicacións desta técnica "revolucionaria".
Os organizadores subliñaron que o simposio representa un "evento consolidado, de referencia internacional", para a análise da aplicación de "esta revolucionaria técnica na loita contra o cancro".
A inauguración oficial do evento terá lugar a partir das 13,30 horas no Hotel Monumento San Francisco, onde está prevista a presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña; da xerente da área de Santiago, Eloína Núñez, e do xefe do servizo de Oncoloxía Médica do Hospital Clínico de Santiago, Rafael López.
Escribe o teu comentario