O ERE de Vodafone afectará tamén á “calidade” do servizo en Galicia

Consumidores galegos advirten de que o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) anunciado en Vodafone "profundará na perda de calidade" do servizo, que xa estaba en "niveis mínimos" nos estudos realizados en 2018.

|

Así o enuncian os consumidores galegos, que alertan que o nivel de calidade do servizo da compañía estaba en “niveis mínimos” segundo os estudos de 2018.

Recursos de tendas Vodafone en Madrid




Nun comunicado, a Asociación de Internautas (AI), a Asociación Prol Dereitos Civís, Económicos e Sociais (Adeces) e a Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) achacan a deterioración de calidade deste operador aos sucesivos ERE que levou a cabo a compañía desde 2013.

O expediente de 2013 afectou ao 21% (900 de 4.300 traballadores). Tras a fusión con Ono, en 2015 houbo outro ERE cun milleiro de empregados, o 16% do total. Agora, o novo proceso terá impacto no 23,5% do persoal, unhas 1.200 persoas.

Por todo iso, estas entidades reflexionan sobre que é "imposible" garantir uns niveis de servizos e atención apropiados cun recorte de 3.100 empregados en seis anos.

Nos últimos informes realizados en 2018, Vodafone estaba á cola en atención ao cliente, así como en asistencia técnica e comercial. Así mesmo, un estudo da Asociación de Internautas arroxaba o ano pasado que Vodafone contaba cunha calidade da internet móbil de 4,13 puntos, o peor posible.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE