CCOO lamenta a perda de dous membros históricos
O sindicato emitiu unha nota na que lamenta o falecemento de Enrique Veira Piñeiro e Alfonso Quintana Mena, dous históricos sindicalistas da comarca Coruñesa. Nos dous casos, os sindicalistas eran membros de CCOO desde antes que se legalizase o sindicato.

No caso de Enrique Veira Piñeiro trátase dun dos fundadores de CCOO de Galicia e foi elixido membro da primeira Comisión Executiva Nacional do sindicato. Veira traballou en Isolux e estaba moi implicado con todas as cuestións relacionadas co mundo da metalurgia.
Tamén tivo cargos na antiga Federación Minerametarlurgica, integrada na que é agora a Federación de Industria. E na Unión Comarcal de CCOO e A Coruña, como informa a nota do sindicato.
Pola súa banda, Alfonso Quintana Mena era un extrabajador da Fábrica de Tabacos da Coruña. Dese o sindicato, destacan a súa participación activa no mesmo, especialmente no ámbito e a antiga Federación Agrolaimentaria, agora tamén dentro da Federación de Industria.
Na mesma Federación, desempeñou cargos de responsabilidade no ámbito comarcal, así como na Comisión Executiva de FEAGRA en Galicia.
Excompañeros e sindicalistas lémbranos na misiva emitida por Comisións Obreiras.
Escribe o teu comentario