CSIF e CCOO levántanse da mesa de negociación do Estatuto Marco ante a "falta de avances" de Sanidade
A empresa fundada por Amancio Ortega e dirixida pola súa filla, Marta Ortega, abre o 25 de xaneiro un proceso de diálogo cos principais sindicatos estatais para abordar melloras salariais para os traballadores das tendas.
Un persoal exhausta por unha empresa que aproveita a crise do coronavirus para "facer caixa" os domingos sen necesidade. Así describe, en conversación con Galiciapress, a situación no Corte Inglés a secretaria de servizos de Comisións Obreiras Galicia.
A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia vén de denunciar o "uso fraudulento" de servizos da concesionaria de mantemento no canto de recorrer ás listaxes de emprego público, unha práctica que considera "especialmente vergoñosa", tendo en conta que teñen lugar ao mesmo tempo que a administración galega "oferta a posibilidade de formar parte das listaxes de contratación eventual, despois de pagar as preceptivas taxas, como no resto de categorías profesionais do ámbito sanitario".
A delegación da confederación sindical de Comisións Obreiras en Andalucía denuncia a Inditex por considerar que os traballadores da multinacional téxtil reciben un “trato discriminatorio e inxusto” por parte da empresa. Entre outros agravios, o sindicato denuncia presións de Inditex para que os empregados traballen domingos e festivos e de prexudicalos nas súas retribucións e condicións laborais en comparación con traballadores do seu mesma categoría pero que pertencen a outras comunidades autónomas.
O sindicato demanda un persoal máis amplo para cubrir de forma satisfactoria todos os servizos que ofrece a nova biblioteca, que triplica en dimensións á anterior.
O sindicato emitiu unha nota na que lamenta o falecemento de Enrique Veira Piñeiro e Alfonso Quintana Mena, dous históricos sindicalistas da comarca Coruñesa. Nos dous casos, os sindicalistas eran membros de CCOO desde antes que se legalizase o sindicato.