"Máis de tres anos" sen formalizar contratos de persoal de mantemento en Compostela, denuncia CCOO

A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia vén de denunciar o "uso fraudulento" de servizos da concesionaria de mantemento no canto de recorrer ás listaxes de emprego público, unha práctica que considera "especialmente vergoñosa", tendo en conta que teñen lugar ao mesmo tempo que a administración galega "oferta a posibilidade de formar parte das listaxes de contratación eventual, despois de pagar as preceptivas taxas, como no resto de categorías profesionais do ámbito sanitario".

|

Sanidade ccoo

Protestas de CCOO

Desde o sindicato denuncia que, nalgunhas categorías do persoal de mantemento en áreas como a compostelá, fai máis de tres anos "que non formaliza ningún contrato". Así o fixo público a delegada da Ferederación de Sanidade, Ana Riveiro, que tamén denuynción que cando se produce unha de xubilación "amortízase a praza respectiva e súplese coa concesionaria".

Para Riveiro esta é unha constatación do intento de "conculcar de maneira fraudulenta os dereitos das persoas que abonaron unhas taxas para poder formar parte das listaxes eventuais".

"Unha vez máis o SERGAS utiliza a porta traseira para profundar na privatización dos servizos públicos, á vez que lles cobran unhas taxas a uns profesionais cunha expectativas de emprego que posteriormente lles nega", critica, e insta á sanidade galega a poñer fin a unha "política vergoñosa" e tire das listaxes de contratación públicos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE