​Máis traballadores e unha liña de bus para chegar á nova biblioteca de Ourense, reclama CC.OO.

O sindicato demanda un persoal máis amplo para cubrir de forma satisfactoria todos os servizos que ofrece a nova biblioteca, que triplica en dimensións á anterior.


|

O sindicato demanda un persoal máis amplo para cubrir de forma satisfactoria todos os servizos que ofrece a nova biblioteca, que triplica en dimensións á anterior.


Alberto Núñez Feijóo e José Guirao durante a presentación da nova sede da Biblioteca Pública

Feijóo na inauguración da nova biblioteca ourensá


Tarde e nunha localización que non é a ideal, pero desde Comisións Obreiras celebran que Ourense conte por fin cunha nova biblioteca pública, situada no barrio de San Francisco. Un espazo tres veces máis grande que a anterior e que substitúe á antiga, máis céntrica pero tamén menos espazosa. "O espazo destinado á atención ao público aumenta ata ocupar tres plantas da nova biblioteca e o mesmo sucede se falamos de depósitos e fondos documentais e coleccións", informan desde o sindicato.


Ante isto, desde CC.OO. entenden que un maior tamaño do centro debe supoñer un maior tamaño dos persoais de traballadores, polo que demandan un incremento "de maneira inmediata" tanto de persoal técnico como de auxiliares de biblioteca.


Ademais, ante a nova localización do centro, desde o sindicato tamén esixen que se habilite unha liña de autobús ata a biblioteca que se atopa "nunha zona elevada e de difícil acceso, especialmente para aquelas persoas de mobilidade reducida".


"O sindicato insta as autoridades competentes a que acorden o establecemento dunha liña regular de transporte urbano que facilite a mobilidade e o acceso dos ourensáns e ourensás, independentemente do lugar da cidade onde vivan, aos servizos e instalacións da nova biblioteca", reclaman desde Comisións Obreiras, que tamén piden que a petición sexa atendida "canto antes" e antes de que o Arquivo Histórico Provincial sexa "recolocado na mesma zona".


Nese sentido, o sindicato tamén pide que se habiliten prazas de aparcamento para aqueles que se despracen nun vehículo privado, tanto usuarios como empregados públicos. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE