fraude

Trece detidos na Coruña: Empresarios non pagaban á Seguridade Social mentres compraban iates de luxo
Foi destapado pola Policía Nacional na Coruña, aínda que con ramificacións noutras localidades galegas
Presunto engano nos motores diesel de Mitsubishi

A marca xaponesa promete que colaborará coas autoridades alemás na investigación. A fiscalía sospeita que algúns modelos teñen un programa que falsea os datos de contaminación, algo similar ao Dieselgate que afectou a outras marcas.

Presunta estafa nas coñecidas figuras de ouro de Tous


Ducias de miles de persoas en España e a UE poderían ser vítimas da fraude, ao atoparse material non metálico en produtos que se venden como de ouro, algo que prohibe especificamente a Lei. A famosa marca catalá, con boas relacións con JxCat, xógase o seu prestixio.

A contable da AP-9 desviou un millón ás súas contas persoais, segundo a acusación que a mantén en prisión
Unha auditoría interna destapou a fraude levada a cabo durante anos, nun caso no que tamén está investigado o seu marido
Un director de ABANCA acusado de estafar a anciáns alega que "recibía presión dos seus superiores para cubrir os descubertos da entidade"

Utilizaba unha máquina de escribir para actualizar fraudulentamente os cadernos dos clientes, segundo o fiscal, que lle pide máis de seis anos de cárcere e devolver ao banco case 1,5 millóns

A Xustiza anula vendas de accións do Banco Popular, incluída a unha octoxenaria sen estudos

A que fose matriz da defunta entidade galega Banco Pastor, o Banco Popular, suma unha ristra de condenas por convencer a clientes en investimentos con información falseada, como as que acaba de desvelar hoxe un letrado de Ourense. Condenas que deberá afrontar o seu actual dono, o Banco Santander.

Operación policial contra fraude de subvencións europeas en varias localidades
A pasada semana levaron a cabo rexistros de forma simultánea en distintas sociedades situadas en Vigo, O Rosal e Oia
Máis de 1.000 pensións pagas tras morrer os titulares

O informe analiza as nóminas emitidas en decembro de 2015 e decembro de 2016 e cruza esta información cos datos de falecidos achegados polo INE entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 2016.

Penas de cárcere dous panadeiros por forzar a traballar "todos os días do ano excepto dous"
A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a seis meses de prisión e o pago dunha multa aos donos dunha panadería por obrigar aos seus empregados para traballar todos os días do ano e darlles unicamente libres o día de Nadal e o de Ano Novo.
“A factura, con ou sen IVE?” cada vez máis vixente nalgunhas consultas médicas privadas

A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) está a notar un aumento das consultas relacionadas con profesións liberais. Moitas destas consultas son sobre odontólogos, psicólogos e demais profesionais médicos que exercen no ámbito privado. Os consumidores preguntan polas dificultades en conseguir facturas que proben que se recibiu o servizo.

Amancio Ortega denuncia a campaña de fake news que o vincula ás criptomonedas

Amancio Ortega quere devolver algo á sociedade e, para iso, ensínache a facerche rico comerciando con criptomonedas, o diñeiro virtual que ten a bitcoin como divisa máis famosa. Leste a mensaxe que usan ducias de campañas publicitarias por Internet para sacarlle o diñeiro incautos. Fontes de Pontegadea confirmaron hoxe a Galiciapress que as denunciaron ante a Garda Civil.

Son polo menos sete os investigados na trama do Inspector de Facenda

A pesar de que se mantén o segredo de sumario, aos poucos van filtrándose detalles do modus operandi da presunta trama que sacaba multas de Facenda a cambio de pagos en metálico. Ademais do Inspector Xefe de Vigo Asdrubal Casares e do empresario Francisco Piñeiro, hai cinco investigados máis. O número de supostas vítimas tamén crece.

Coren integrará a 1.350 falsos autónomos de Servicarne, denunciada ante Inspección de Traballo

CC.OO. informou de que Coren integrará no seu persoal a 1.350 falsos autónomos que prestaban servizos para varias empresas do grupos a través da cooperativa Servicarne, denunciada polo sindicato ante Inspección de Traballo.

Máis de 15 millóns de euros defraudados á Seguridade Social en varias provincias, entre elas Lugo

Os axentes da Policía Nacional, nun operativo conxunto coa Tesorería General de la Seguridad Social, destaparon unha fraude de 15.779.320 euros cometido por varias mercantís investigadas nas provincias de Toledo, Almería, Barcelona, Cáceres, Cádiz, Granada, Huelva, Las Palmas, Lugo, Madrid, Málaga, Navarra, Sevilla e Valencia.

​Queda "moita tea que cortar" contra os paraísos fiscais europeos

O eurodeputado do PSOE Ramón Jáuregui revela que houbo un pacto para excluír os países europeos da lista.

​Sancións máis duras para os empresarios que fan contratos temporais en fraude

Fátima Báñez anuncia medidas para evitar a temporalidade "claramente abusiva" que se converteu en habitual.

Detido un home por estafar a anciás mediante un imposto falso

Facíase pasar por empregado municipal para enganar a distintas mulleres de avanzada idade, esixindo o pago de 150 euros

Viaqua logra reducir os enganches fraudulentos en Galicia en pleno contexto de seca

A empresa constata un 16% menos de conexiones ilegais á rede de auga tras incrementar os medios para detectar estas fraudes.

Chega a xuízo a Operación Campeón, o primeiro gran caso de corrupción do PP de Feijóo

Arrinca este martes a vista previa coa intención de chegar a acordos e evitar o xuízo oral.

O rexistro no Centro Tecnolóxico da Carne pode levar a detencións

Os axentes entraron, ademais, na vivenda dunha persoa vinculada a este centro dependente da Xunta.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE