Máis de 15 millóns de euros defraudados á Seguridade Social en varias provincias, entre elas Lugo

|

Policia computadores


Un operativo conxunto entre axentes da Policía Nacional e a Tesourería Xeral da Seguridade Social destapan unha fraude cometida presuntamente por varias empresas das provincias de Lugo, Almería, Toledo, Barcelona, Cáceres, Cádiz, Granada, Huelva, As Palmas, Lugo, Madrid, Málaga, Navarra, Sevilla e Valencia. 


Nos 32 expedientes analizados que afectan a diferentes entidades mercantís foron investigadas 43 persoas por delitos contra a Seguridade Social, fraude de prestacións, falsidades documentais, frustración á execución, estafa, branqueo de capitais e malversación. A fraude ascende a 15.779.320 euros.


As investigacións comezaron a finais do ano 2016 cando foron remitidos distintos escritos de denuncia por parte da Tesourería Xeral da Seguridade Social á Sección de Investigación da Seguridade Social da Policía Nacional, xunto coa diversa documentación solicitada por esta unidade policial.

Segundo informou a Policía Nacional nunha nota de prensa, os investigados resultaron ser principalmente os responsables das mercantís, pero tamén os seus homes de palla, algúns deles traballadores que figuraban en conivencia ou familiares dos primeiros.

En todos os casos os axentes realizaron un informe patrimonial das persoas implicadas co fin de que a Tesorería General de la Seguridad Social poida solicitar o embargo daqueles bens que considere oportuno, ou que o xulgado que entenda de cada unha das causas poida utilizalos co fin de cubrir as responsabilidades.

EMPRESARIO DEPOSITARIO
Entre os arrestados hai un empresario que foi nomeado depositario dos bens embargados polas débedas que mantiña coa Tesorería General de la Seguridad Social, que na actualidade superaban os 120.000 euros e que estaban depositados no establecemento hostaleiro da súa propiedade.

Cando se requiriu ao empresario a posta a disposición dos bens embargados, incumpriu as súas obrigacións como depositario obviando o requirimento.

Ademais, para evitar as responsabilidades penais decidiu efectuar ata tres denuncias ante a Policía nas que narraba unha serie de furtos e roubos no seu establecemento, e que coincidían coas datas das notificacións e de todos os bens que xa figuraban embargados por ese mesmo organismo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress