“A factura, con ou sen IVE?” cada vez máis vixente nalgunhas consultas médicas privadas
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) está a notar un aumento das consultas relacionadas con profesións liberais. Moitas destas consultas son sobre odontólogos, psicólogos e demais profesionais médicos que exercen no ámbito privado. Os consumidores preguntan polas dificultades en conseguir facturas que proben que se recibiu o servizo.

UCGAL alerta que con estas prácticas "os consumidores quedan desamparados legalmente ao non ter o pertinente documento acreditativo da prestación dun servizo ou a compra dun produto". O ente anima a denunciar a aqueles profesionais que se neguen a entregar factura porque "sen factura están desprotexidos" e ademais "o profesional en cuestión debe facer fronte ás implicacións fiscais".
"Ante prácticas que poderían circunscribirse ao ámbito da fraude fiscal" UCGAL vai realizar consultas coa Axencia Tributaria para atallar esta treta, ao parecer cada vez máis frecuente no sector sanitario privado.
Escribe o teu comentario