Son polo menos sete os investigados na trama do Inspector de Facenda

A pesar de que se mantén o segredo de sumario, aos poucos van filtrándose detalles do modus operandi da presunta trama que sacaba multas de Facenda a cambio de pagos en metálico. Ademais do Inspector Xefe de Vigo Asdrubal Casares e do empresario Francisco Piñeiro, hai cinco investigados máis. O número de supostas vítimas tamén crece.


|

A pesar de que se mantén o segredo de sumario, aos poucos van filtrándose detalles do modus operandi da presunta trama que sacaba multas de Facenda a cambio de pagos en metálico. Ademais de ldeter, o Inspector Xefe de Vigo Asdrubal Casares e o empresario Francisco Piñeiro, hai cinco investigados máis.  O número de supostas vítimas tamén crece.




Agenciatributaria 2


Un deles sería unha empresa compostelá, representada pola avogada Eva Vales. Segundo adiantou Antonio P. Fidalgo en  O Correo Galego,  a letrada actúa en nome dun economista, á súa vez apoderado da empresa que denunciou a trama. 


Esta compañía foi a primeira en levar o asunto aos xulgados, na primavera de 2016. Así se explica que o sumario o leve o xulgado número 3 de Santiago, a pesar de que Casares e  Piñeiro teñen base de operacións en Vigo.


VERSIÓN DA ACUSACIÓN PARTICULAR

O relato da acusación particular iníciase coa "actitude ameazante" de Casares tras abrir a Axencia Tributaria expediente sancionador.  "Os asesores enviados por Asdrúbal Casares contactaron co economista de Santiago e produciuse unha reunión no seu despacho na capital galega para lograse acordos económicos máis beneficiosos. Debido á negativa de ofrecer cantidade algunha por parte da empresa inspeccionada, e supoñemos que pola desconfianza dos actuantes, acabouse de forma abrupta a inspección cunha acta de delito fiscal", prosegue Eva Vales.


Esa forma de actuar coincide coa relatada polo dono de Redcom. A crebada distribuidora de telefonía sería, xunto á tecnolóxica santiaguesa Blu Sens, outra das presuntamente extorsionadas. 


CUANTOS AFECTADOS HAI?

Agora ben, de ser certas as alegacións da viguesa Redcom, a quein a Xustiza quitou finalmente as sancións tributarias,  as vítimas poden ser ducias; pois os problemas con Facenda desta compañía empezaron en 2004. Por tanto, a trama levaría 15 anos operando en Galicia. 


Neste sentido, unha gran cuestión é cuantos presuntamente extorsionados están dispostos a dar a cara agora, anos despues de supostamente pagar en metálico a un funcionario -a través de asesores- para zafar do fisco.


Unha semana despois da súa detención, Casares segue en prisión, o que pode indicar que a Xustiza pode temer que se sae pode destruír probas. Francisco González  Piñeiro está libre, tras pagar os 120.000 euros que lle fixou como fianza o xuíz Lago Louro. 


INVESTIGADOS ADMINITRADORES CONCURSAIS

Os outros dous homes investigados serían J.M.L.M. e P.G.T.  As iniciais deste último coinciden coas dun socio de González Piñeiro nunha das numerosas consultorías nas que participaba, compañía que se dedicaba a liquidar empresas que caían en concurso de acredores.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE