Penas de cárcere dous panadeiros por forzar a traballar "todos os días do ano excepto dous"

|

25 de decembro e 1 de xaneiro. Estes eran os únicos días que podían descansar os empregados dunha parella de irmáns de Pontevedra, ou arriscarse a perder o emprego


A Audiencia Provincial de Pontevedra condenou a seis meses de prisión e o pago dunha multa aos donos dunha panadería por obrigar aos seus empregados para traballar todos os días do ano e darlles unicamente libres o día de Nadal e o de Ano Novo.


Audiencia provincial corua




SENTENCIA EMITIDA COA CONFORMIDADE DOS ACUSADOS

Segundo recolle a sentenza, aceptada por conformidade, os dous irmáns obrigaron aos seus empregados, desde xaneiro de 2013 e ata xaneiro de 2017, a traballar "todos os días do ano excepto dous", o de Nadal e o de Ano Novo.


Con iso, apuntan, "infrinxiron os dereitos que teñen recoñecidos na lexislación laboral e no convenio colectivo do sector" en canto a xornada, descanso mínimo e períodos vacacionais. Os traballadores, indica a Audiencia, "víanse obrigados a aceptar estas condicións ante o temor de perder o seu posto de traballo".


Os investigados, determina o tribunal, "non abonaban aos traballadores ao seu servizo as correspondentes horas extraordinarias polo traballo realizado en domingos e festivos" e "ocultaban esta circunstancia nas súas cotizacións á Seguridade Social".


CONDENADOS POR DOUS DELITOS

No período que se xulga, indica o auto, os traballadores da empresa prestaron os seus servizos en un total de 203 sábados e 252 domingos e festivos sen percibir o importe das horas extras e sen que as horas traballadas fosen compensadas con horas de descanso. Ao longo deses catro anos xerouse unha débeda coa Seguridade Social de algo máis de 238.000 euros.


Ambos foron declarados culpables dun delito contra os dereitos dos traballadores e outro de fraude á seguridade social.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress