Os traballadores do colectivo de protección e reforma de menores, encargados de atender a nenos e nenas que se atopan en pisos tutelados, salvan en moitas ocasións as festas desde a sombra. Estes, xunto cos traballadores de infantil e discapacidade, pelexan desde hai meses por que a Xunta abra un proceso de diálogo onde pór sobre a mesa as súas reivindicacións en sectores precarizados e onde faltan os recursos humanos e materiais. Ricardo Castro, secretario xeral do sindicato CUT, explica a Galiciapress como sae adiante o servizo en datas como esta e como a negativa da Xunta a negociar empuxa aos sindicatos a convocar máis días de folga.
Doménico Tinelli é desde novembro de 2020 o director-xerente de IN-REDE, onde coordina as actividades relacionadas con incidencia política, relacións institucionais, negociación colectiva e servizos de apoio ás entidades asociadas. Tinelli explica a postura do sector da dependencia en Galicia e o por que do nacemento dunha “patronal” neste sector. Neste caso, a unión busca a forza para crear unha fronte que permita melloras salariais e sectoriais en Galicia. Para iso, IN-REDE exponse varios obxectivos e un é a negociación dos axentes implicados nunha mesa que expoña á Administración a resolución de varios puntos até agora tratados de forma bilateral: Xunta-empresa.
O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, aproveitou este martes para destacar ao termalismo como un "recurso estratéxico" para a provincia de Ourense, así o asegurou durante a inauguración da primeira piscina termal ao aire libre adaptada e accesible de España, situada en Punxín.
A asociación do Barbanza é un dos grandes referentes en Galicia en atención ás persoas con discapacidade intelectual. Viaqua, pola súa banda, é unha das principais empresas galegas de xestión de servizos de auga.
Os últimos datos da Estratexia de Saúde Mental do Sistema Nacional de Saúde estímase que entre o 2,5 e o 3% da polación española ao redor dun millón de persoas ten prolemas graves de saúde mental como a esquizofrenia ou o trastorno bipolar.
O presidente do Grupo Social ONCE e do Comité Paraolímpico Español anuncia que se abrirán 5 axencias en Soria, Ávila, Teruel, Zamora e na illa da Palma, dirixidas por "mulleres cegas, novas e moi preparadas".
O Grupo ONCE factura 3.000 millóns en 2018 grazas a a comercialización de produtos de xogo e ás empresas Ilunion.
No deporte, desde fai xa uns cuantos anos, o peso da muller no deporte foi moi importante, só necesitou patrocinadores e que os medios de comunicación desen máis espazo a este deporte.
Pilar Fernández López necesita dun cadeira de rodas para moverse. Debido a unhas obras nunha estrada municipal, quedou sen poder entrar ou saír da súa casa sen a axuda doutra persoa, segundo denuncian varios colectivos.
O BOE publicou, coincidindo co día da Constitución, a reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral (LOREG) que permitirá ás persoas con discapacidade intelectual exercer o seu dereito a voto desde mañá.
Un, que adora o labor social da ONCE e a súa vella idea dun mundo sen barreiras, compleméntese co anuncio de que 'Campeones' entrou no Olimpo do cinema. Estou seguro que Vds. que xa a viron no cinema compartirán este soño.
O mesmo día que a Xunta anuncia medidas para "axilizar" e "corrixir os atrasos" dos procesos de valoración de discapacidade, un grupo de traballadores responsables destes exames denuncian "falta de persoal" que causa "un grave perjuício para as persoas en espera de valoración".