A primeira terma adaptada para persoas con mobilidade reducida en España está en Punxín, Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, aproveitou este martes para destacar ao termalismo como un "recurso estratéxico" para a provincia de Ourense, así o asegurou durante a inauguración da primeira piscina termal ao aire libre adaptada e accesible de España, situada en Punxín.


|

Primera terma adaptada al aire libre de España
 


Alí, destacou a "estreita colaboración" coa Xunta e referiuse á cooperación como "clave" para levar a cabo este proxecto termal, executado a través do Plan de Sustentabilidade Ourense Termal e cofinanciado ademais da Deputación de Ourense pola Axencia de Turismo de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo.

"Non inauguramos unicamente unha piscina, senón unhas melloras que supoñen un valor engadido para un concello como Punxín e para unha provincia termal como Ourense", sinalou Menor. Pola súa banda, o rexedor, Manuel Vázquez, referiuse ao "esforzo feito durante décadas" polo Concello para pór en marcha a área termal.


Segundo detallou nunha nota de prensa, a Deputación investiu preto de 37.000 euros co obxectivo de "ofrecer servizos adaptados as persoas con mobilidade reducida e instalar un sistema de tratamento das augas residuais xeradas durante a limpeza das piscinas".

A actuación da piscina termal inclúe tamén a disposición dunha cadeira de rodas feita con materiais plásticos para meter na auga e evitar a súa oxidación.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE