O goberno galego insiste na "profesionalización" dos asistentes para persoas dependentes

A Xunta defende a "profesionalización" dos asistentes persoais de persoas con discapacidade que prestan un "servizo complexo", así como a promoción dunha "vida independente".

|

A Xunta defende a "profesionalización" dos asistentes persoais de persoas con discapacidade que prestan un "servizo complexo", así como a promoción dunha "vida independente".


Discapacitados


Así o manifestou o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidades, Ildefonso de Cámpaa Montenegro, en resposta a unha pregunta en comisión parlamentaria da deputada do Grupo Mixto Paula Vázquez Verao sobre a xestión da figura de asistente persoal para a vida independente no ámbito do sistema para a autonomía e a atención á dependencia.

De Cámpaa incidiu en que é a persoa con discapacidade que conta con asistente a que "debe tomar as decisións de atención". Deste xeito, insistiu na aposta da "promoción da autonomía persoal" co fin de "promover unha vida independente".

Por iso, a Xunta esixe á persoa que demanda a contratación deste asistente persoal "que presente un proxecto de vida relacionada con traballo e o estudo".

Sobre esta figura, insistiu que debe ter "acreditada" a "formación" esixida pola normativa vixente para prestar o servizo e pódese contratar "a un profesional autónomo" ou unha empresa privada. Ademais, o director xeral destacou que "non existe lista de espera na concesión de libranzas".

Por outra banda, De Cámpaa garantiu que o futuro centro de atención a persoas con diversidade funcional de Ourense "vai ser de titularidade e financiamento pública", pero declinou establecer unha data de posta en marcha porque "hai que ser prudente e non hai prazos", xa que "hai que construír e equipar o edificio". "Será canto antes legalmente sexa posible", concluíu.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE