Todo listo para o Festigual 2018
Unha nova edición do Festigual, o Festival de Artes pola Inclusión Cultural, regresa á cidade da Coruña cunha programación que se expande ata o mes de decembro e coa que se busca "normalizar" a cultura.
A Gran Voda no Festigual 2017
En rolda de prensa, a edil de Igualdade e Diversidade no Concello da Coruña, Rocío Fraga, presentou esta nova edición, que se celebrará desde o día 18 de outubro ata o 3 de decembro na Coruña.
O obxectivo desta cita é favorecer a inclusión e a accesibilidade das persoas con diversidade funcional, sensorial ou cognitiva na vida cultural e artística, excluíndo calquera barreira ou impedimento que dea lugar á súa discriminación.
A proposta expandirase por diversos espazos da cidade e a súa data central será o 2 de decembro cunha "xornada estrela de convivencia e intercambio" no centro Ágora e cuxo punto final será cun concerto a cargo de Mercedes Peón.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
O Festigual comezará as actividades da súa programación expandida co*Ciclo de Lírica Inclusiva*da Asociación de Amigos da Ópera da Coruña, que o día 18 de outubro estará no Centro Cívico de Vos Mallos e o 2 de novembro no Centro Ágora.
Entre outras actividades, o 22 de novembro a sala de exposicións Salvador de Madariaga inaugura a exposición 'Centenario do a inauguración do palacio municipal'.
Seguidamente, e nuns días previos ao Día Internacional da Diversidade Funcional e Sensorial, o 30 de novembro celebrarase unha visita guiada ao Museo de Belas Artes.
Escribe o teu comentario