A lei fixa un prazo de 3 meses, pero a espera por unha valoración de discapacidade é ata de 3 anos
O mesmo día que a Xunta anuncia medidas para "axilizar" e "corrixir os atrasos" dos procesos de valoración de discapacidade, un grupo de traballadores responsables destes exames denuncian "falta de persoal" que causa "un grave perjuício para as persoas en espera de valoración".
O mesmo día que a Xunta anuncia medidas para "axilizar" e "corrixir os atrasos" dos procesos de valoración de discapacidade, un grupo de traballadores responsables destes exames denuncian "falta de persoal" que causa "un grave perjuício para as persoas en espera de valoración".
ACTO DE PROTESTA EN PONTEVEDRA
Así, traballadores deste servizo da Administración galega concentráronse hoxe en Pontevedra -convocados por CIG, Comisións, CSIF e UXT- para reclamar "un incremento de persoal estable" e non "contratos temporais", como os que anuncia o Executivo para acurtar as esperas, que segundo os traballadores chegan ata os tres anos.
Os anuncios de San Caetano son "parches" en opinión dos técnicos, que argumentan que os 9 meses de contrato para o novos seis equipos anunciados son de todo insuficientes, pois xusto cando os novos compañeiros adquirisen a práctica necesaria para traballar autónomamente, acabaráselles o contrato. A través dunha nota do sindicato CIG advirten que a solución da Xunta "non vai funcionar" polo que seguirán protestando todas as semanas.
PLAN DA XUNTA
O Consello da Xunta anunciou hoxe iniciativas co obxectivo de poder reducir a lista de espera e, en breve, lograr o obxectivo de que a resposta poida formalizarse nun máximo de tres meses desde que se produce a solicitude de avaliación por parte do cidadán, o prazo que fixa a lei.
Para iso, a Xunta lanza varias medidas: incidirá no "reforzo" de equipos de avaliación, simplificará as solicitudes, reducirá a documentación para achegar e mellorará a xestión das citas. Pero tamén se apoiará "con maior intensidade" na historia social única e o recoñecemento dunha invalidez será "automático" unha vez que a Seguridade Social haxa constatado que existe unha incapacidade permanente.
Escribe o teu comentario