Galicia está entre as autonomías cun dos índices máis baixos en canto a cobertura de servizos sociais con menos dun 5% de camas para maiores de 75 anos. Algunhas voces críticas sinalan o lucro que están a obter algunhas empresas que son as que maioritariamente teñen prazas para maiores. Acusan á Xunta de querer "tapar" a situación coa entrega de "bonos axuda" en caso de non obter un lugar nunha residencia.
O Concello de Ourense prorrogou os seus orzamentos desde o ano 2020 e van cinco veces. Isto afectou á área de axuda e prevención á drogodependencia que nestes momentos, segundo grupos da oposición (#PSOE e BNG), tería cero orzamentos. Outra consecuencia é que as colas na Unidade de Condutas Adictivas do CHUO ve como crecen cada día as colas de persoas demandantes e sen que se aumentou o persoal.
O mesmo día que a Xunta anuncia medidas para "axilizar" e "corrixir os atrasos" dos procesos de valoración de discapacidade, un grupo de traballadores responsables destes exames denuncian "falta de persoal" que causa "un grave perjuício para as persoas en espera de valoración".