"Máis accesible, ecolóxico e próximo", así é o novo quiosco da ONCE

Para as persoas cegas usuarias de can guía, o novo quiosco conta cun espazo que o can estea tombado no chan comodamente mentres o seu amo traballa.

|

Espazo para os cans guías, fácil acceso en cadeira de rodas e interacción máis facil entre cidadáns e vendedores. Estas algunhas das novas características do novo tipo de quiosco da ONCE, instalado xa en Santiago.


A Once instalou en Santiago de Compostela o primeiro dos seus novos quioscos, un modelo "máis accesible" para todos os axentes vendedores con discapacidade, "máis ecolóxico" pola tipoloxía de produtos de construción e consumos e, especialmente, "con máis facilidade de comunicación co público".


A Once estrea en Santiago o seu novo modelo de quiosco,


Este primeiro quiosco foi instalado na Praza de Vigo e aténdeo a vendedora afiliada da Once Cipriana Queiruiga Gómez. Con estas novas instalacións, a Once cambia a imaxe desta porta de acceso a un mundo de inclusión, cumprindo, ademais, cos requisitos que actualmente demanda o mercado e con aqueles relacionados coa accesibilidade universal.

O novo deseño de quiosco conta cunhas dimensións que non só non obstaculizan o paso nas beirarrúas, senón que permiten unha maior accesibilidade para a persoa que exerce a venda e tamén para quen se achega a compartir uns minutos co axente vendedor.

ESPAZO PARA OO CANS GUÍAS E As CADEIRAS DE RODAS

Para as persoas cegas usuarias de can guía, o novo quiosco conta cun espazo que o can estea tombado no chan comodamente mentres o seu amo traballa. Para quen utiliza cadeira de rodas, o modelo dispón dunha rampla fixa de acceso ao interior do quiosco, ademais de que todas as zonas de exposición son accesibles para estas persoas mediante unha plataforma que se adecua ás súas necesidades.

Ademais, para mellorar o confort do vendedor, inclúese unha cadeira ergonómica, con regulación de altura e do respaldo; rodas, apoyabrazos e repousacabezas; e un repousapés regulable en altura. Por outra banda, o mobiliario conta con caixóns e mesmo un pequeno armario para poder colgar as pezas de abrigo.

MÁIS PRÓXIMO AO PÚBLICO
Co obxectivo de "achegarse máis ao público", o novo modelo de quiosco da Once mostra un "excelente escaparatismo", cunha "gran superficie acristalada". Está dotado con dous puntos de atención de venda, un no frontal, e o outro, que ocupa o ancho da porta, cumpre coa normativa sobre accesibilidade en canto a altura refírese, para atender a persoas con necesidade de utilizar cadeira de rodas.

A exposición dos produtos de xogo é máis clara e organizada para axudar ao cliente na súa elección de compra e, ademais, non impide a visión do vendedor por parte do cliente, co cal o acto de comunicación e compra faise "máis natural".

O quiosco presenta nos seus laterais exteriores frases en braille, para crear entre os transeúntes unha clara identificación do quiosco coa Once.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE