A Coruña

A Xustiza manda cesar dos seus postos a 160 funcionarios por "dedazos"

Uns 160 nomeamentos en comisión de servizo no Concello da Coruña son nulos. Así o ditaminou unha sentenza do xulgado do Contencioso número dous da capital herculina.

Quen é o "investidor galego" que busca comprar as plantas de Alcoa?

Varias fontes confirman que hai interese, mesmo contactos, pola compra das industrias da Coruña e Avilés.

Así asaltaron 31 residencias de anciáns

Cinco detidos esta fin de semana tras asaltar ducias de centros xeriátricos por toda Galicia levándose, entre outras cousas, os bens das persoas maiores.

A Xustiza anula a prohibición de la Xunta á emisora Cuac FM por violar dereitos fundamentais

A emisora cidadá da Coruña está protexida pola liberdade de expresión, argumenta o máximo tribunal de Galicia.

Denuncian que non se permite acceso a consulta psicolóxica

O Movemento debuxa un panorama desolador da atención en psicoloxía e psiquiatría en área sanitaria de Coruña e no Hospital de Conxo e de Santiago.

A adxudicación que premiaba contratar a persoas LGTBQI, declarada nula

O goberno local ha apelado á "boa intención" para xustificar que o concurso promovido para contratar o Espazo Diverso incluíse a "discriminación positiva" do colectivo LGTBQI na contratación de acordo coas cláusulas de adxudicación para prestar este servizo.

Miles de persoas saen á rúa para tentar evitar o peche de Alcoa

Os datos facilitados pola Policía Local da Coruña cifran en 6.000 os asistentes a a manifestación. O comité da empresa na Coruña sinala que as factorías son rendibles. 

Senra: "Se Alcoa quere irse, que devolva todas as axudas"


En declaracións a Galiciapress, a eurodeputada insiste en que a empresa debe devolver o que se gañou grazas á tarifa eléctrica especial, que o Estado cifra en 1.000 millóns durante a última década.

O ‘Circo do Sol’ iluminará A Coruña tamén o 26 de decembro

O 21 de decembro chegarán á cidade herculina as acrobacias dun dos espectáculos máis prestixiosos e recoñecidos a nivel mundial.

Todo listo para o Festigual 2018
Unha nova edición do Festigual, o Festival de Artes pola Inclusión Cultural, regresa á cidade da Coruña cunha programación que se expande ata o mes de decembro e coa que se busca "normalizar" a cultura.
O xuíz investiga prevaricación na cesión da antiga prisión da Coruña

O Xulgado de Instrución número 8 da Coruña abriu dilixencias para investigar unha suposta prevaricación administrativa na cesión do uso da antiga prisión provincial a 'Proxecto Cárcere', no concurso convocado polo goberno local coruñés.

"Ratas polo centro da Coruña" (VÍDEO)

A asociación ecoloxista Arco Iris di que esta mañá detectouse a presenza de ratas en pleno centro da cidade "Nin os residentes mais lonxevos desta céntrica rúa coruñesa lembran algo parecido, o que pon de manifesto que a proliferación destes roedores no subsolo alcanza xa límites insustentables", alerta o colectivo.

O concelleiro de Rexeneración Urbana non dimitirá como lle pide a oposición

O concelleiro de Rexeneración Urbana no Concello da Coruña, Xiao Varela, manifestou, ante as peticións para que dimita feitas desde o PP e o PSOE despois de que o Consello Consultivo considerase nula a compra de dous pisos para aluguer social, que o seu está cargo "a disposición" do alcalde.

CIG denucia que Atento presiona ao persoal para desconvocar a folga: "É mellor non airear os problemas"

A empresa "tentou lavarse as mans" descargando a responsabilidade das condicións no contrato con Telefónica

A oposición esixe a dimisión de dous concelleiros da Coruña pola compra dos pisos


O Consello Consultivo declarou nula a adquisión de varios pisos a un fundador de En Marea e asesor externo de Ada Colau. A PP e PSdeG non lles basta coa dimisión da Xefa de Servizo e piden a cabeza de Xiao Varela e Alberto Lema. Os populares acudirán á xustiza para "depurar responsabilidades penais", que os socialistas non descartan que existan. 

Dimite a xefa de Vivenda da Coruña pola compra de dous pisos declarada nula​

O Concello comezou a revisar a compra de pisos en abril, cando se apuntou a unha persoa que colaborou coa Marea Atlántica e que despois foi fichada como asesor externo polo concello de Barcelona, Toni Lodeiro.

Un traballador de recollida de lixos falece ao envorcar o camión que conducía

Varias persoas alertaron que viran envorcar o camión e solicitaban axuda para o condutor, atrapado debaixo do vehículo

O antigo persoal da fábrica de armas piden ao Goberno que evite o desmantelamento

A reunión "serviu para avaliar os últimos pasos dados respecto ao proceso de recuperación da factoría por parte do Ministerio de Defensa"

Atopan o cadáver dunha muller que faltaba do seu domicilio no mar da zona de San Roque

Outro home de 74 anos faleceu cando estaba na romaría de Santa Margarita


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE