Estes son os plans para que a fachada marítima da Coruña volva ser habitable

Os proxectos gañadores serán expostos para que a cidadanía vote sobre a planificación urbanística do futuro da fronte marítima urbana

|

Os proxectos gañadores serán expostos para que a cidadanía vote sobre a planificación urbanística do futuro da fronte marítima urbana


Un total de cinco propostas resultaron finalistas no concurso de ideas convocado polo Concello da Coruña para a reordenación da fachada marítima entre o dique de abrigo e a praia de Oza.



Xurado bordo litoral


As proxectos gañadores, que levarán un premio de 25.000 euros cada unha deles, son heteroxéneos pero con "ideas en común", segundo indicou, en rolda de prensa, o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro.


Así, as cinco seleccionadas son Porsuporto (con 67 puntos), Nosfíos (50 puntos), Growing Together (42 puntos), Porto Metrolitano (27 puntos) e Cidade Porto (20 puntos).


Todas elas efectúan apostas por toda clase de equipamentos, infraestruturas ou vías de comunicación, pero sempre coa vista posta en que o porto sexa "un pulmón" para a cidade, asegura o rexedor.


SÓ UNHA EXCLÚE  VIVENDAS

Só una das cinco propostas finalistas exclúe as vivendas na zona portuaria, dúas delas apostan pola construción de vivenda pública e as outras, por edificación privada.


A idea máis valorada, 'Porsuporto', expón unha "proposta realista" ao presentar un proxecto dividido en fases. Pola súa banda, a terceira proposta, a diferenza do resto, aposta máis pola enxeñería e, entre as súas ideas, destaca a conectividade peonil a través de pasarelas.


"Non casamos con ningunha proposta", indicou o concelleiro de Rexeneración Urbana, Xiao Varela, que destaca que o obxectivo era conseguir unha serie de propostas para debater o futuro da fachada marítima, cuxa titularidade, insiste, "debe ser pública".


ELABORACIÓN DUN DOCUMENTO

Con todas estas propostas, explica o alcalde, búscase "crear un documento de negociación" que sirva para debater co resto de administracións e, de fronte ao futuro, "articular un mecanismo institucional que permita levar estas ideas á práctica".


En definitiva, puntualiza o alcalde, o concello quere avanzar nun "proceso aberto" que sirva para sentar "as bases" do futuro deseño do bordo litoral. Por iso, os proxectos serán expostos á cidadanía para que vote o seu contido.


Fronte a isto, desde o PP, o seu portavoz Rosa Galego manifestou a súa "sensación de fracaso" á saída do xurado, que se reuniu este xoves. Un "fracaso" que a popular achaca á "pouca expectación" do concurso, que "só recibiu 18 propostas".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE