A operadora galega Oceans cambia de imaxe e afronta "plans de crecemento"
Tras un moi difícil 2018, a compañía de telecomunicacións coruñesa Oceans anuncia plans de "renovación, expansión e novos servizos". Entre eles Mowhile, "un servizo integral de marca branca para operadores ao que cada día adhírense un maior número de Operadores Móbiles Virtuais".

Nova imaxe corporativa da operadora
Oceans anuncia tamén un cambio na súa identidade corporativa, con novo logotipo. A empresa sufriu unha importante crise a mediados de ano, cando Telefónica cortoulle a subministración por falta de pagamentos, o que á súa vez deixou a moitos clientes colgados durante semanas.
A sociedade asegura que compañía que "soubo sobrepoñerse a todos os retos aos que se enfrontou, sempre mirando cara ao futuro". Un deses plans de futuro é unha "exclusiva plataforma de televisión".
Escribe o teu comentario