A iluminación do Nadal, a cargo dos actores de ‘Fariña’

Ferreiro respondeu ao seu homologo vigués dicindo que "o alcalde de Nova York ou o de Tokio se están pendentes da Coruña, poderían estalo polo trato que damos aos veciños".


|

Ferreiro respondeu ao seu homologo vigués dicindo que "o alcalde de Nova York ou o de Tokio se están pendentes da Coruña, poderían estalo polo trato que damos aos veciños".


Alumado Vigo



Unha representación de actores galegos da serie de televisión 'Fariña' acenderá este ano a iluminación de Nadal da cidade da Coruña. Será o martes 4 de decembro na Mariña, segundo informou o alcalde Xulio Ferreiro.

Coa presenza de actores galegos e coruñeses da ficción baseada no libro 'Fariña' do coruñés Nacho Carretero, o consistorio herculino quere "recoñecer o éxito do audiovisual galego", así como o do propio xornalista galego, que recolleu no seu libro a historia do narcotráfico en Galicia.

Na rolda de prensa posterior á xunta de Goberno local, preguntado sobre se, do mesmo xeito que o rexedor de Vigo, Abel Caballero, tamén espera a chamada dos alcaldes de Nova York ou de Tokio pola iluminación do Nadal, Ferreiro destacou que a cidade da Coruña ten "moitas cousas das que presumir" sen ser a iluminación do Nadal.

"Seguramente o alcalde de Nova York ou o alcalde de Tokio, se están pendentes da Coruña, poderían estar pendentes polo trato que lle damos aos veciños. Poderán preguntar que A Coruña é a cidade galega que máis dedica a gasto social, con máis 100 euros por habitante e ano; mentres que outras cidades non chegan aos 60 euros", apunta o rexedor.

Xulio Ferreiro, que asegura non recibir chamadas de alcaldes doutro continentes pero si daqueles rexedores "máis próximos" interesados nos seus veciños, mostrouse "orgulloso" de que na Coruña se fagan as cousas "con seriedade", poñendo "ás persoas no centro das políticas e coidando do noso", o que na súa opinión é "fundamental".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE