Os traballadores de Alcoa plantaranse o sábado ante o Concello
Os traballadores de Alcoa na Coruña convocaron para o sábado, día 17, unha concentración ante o Concello, na praza de María Pita, segundo informou o comité de empresa. A protesta celebrarase a partir das 12:00 horas.

Manifestación polo peche de Alcoa
Co lema 'Alcoa, peche non', os traballadores fixeron un chamamento á participación da cidadanía nunha protesta que terá lugar ás 12,00 horas no marco de mobilizacións que están a levar a cabo desde o anuncio de peche.
Mentres, a habitual concentración que realizan todas as tardes ante a fábrica, trasladarase na xornada deste martes á praza do centro comercial Marineda City.
Para o mércores, está convocada unha marcha desde a fábrica ao Banco de Alimentos Rías Altas, situado a un quilómetro das instalacións da factoría, "para achegar alimentos de primeira necesidade", explica o comité de empresa.
Escribe o teu comentario