Todo listo para a Cabalgata de Reis da Coruña

A Cabalgata de Reyes da Coruña, que se celebrará o sábado 5 de xaneiro, contará cun dispositivo de seguridade conformado por 279 persoas, segundo informa o consistorio herculino.

|

A Cabalgata de Reis da Coruña, que se celebrará o sábado 5 de xaneiro, contará cun dispositivo de seguridade conformado por 279 persoas, segundo informa o consistorio herculino


O itinerario, tal e como explicaron os concelleiros de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, e a responsable de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, partirá ás 17.30 horas da avenida da Habana, en Riazor, e finalizará na praza de María Pita.



SANDE ASPERXO FRAGA


A comitiva, conformada por 16 carrozas e catro trens, dará cabida a 450 nenos que acompañarán aos Reis no seu percorrido, durante o cal lanzarán ata 12 toneladas de caramelos sen glute.


DISPOSITIVO DE CASE 300 PERSOAS

De cara  ao correcto desenvolvemento da cabalgata, o concello despregará un dispositivo conformado por 279 persoas, entre as que se atopan 66 policías, seis bombeiros, 45 membros de Protección Civil, 46 de Cruz Vermella e 6 do 061; ademais de 52 auxiliares de carroza, 36 auxiliares de montaxe, 16 vixiantes de seguridade privada e seis persoas que atenderán as zonas de mobilidade reducida e lactación.


"Estamos a falar dun dispositivo moi semellante ao do ano pasado, a pesar de contar cun itinerario que é case un quilómetro máis curto", apuntou Rocío Fraga.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE