Este 8 de marzo sairemos ás rúas amosando que o éxito do ano pasado non foi casualidade, senón continuidade. Que o movemento feminista leva décadas traballando por unha transformación social que é lenta, pero imparable, por moito que se cuestionen dereitos que hoxe desfrutamos todas.