González Formoso sobre os orzamentos: “Ningún concello recibirá menos diñeiro”


A Deputación da Coruña aproba uns orzamentos de 183,6 millóns de euros, 4,65 millóns máis que este ano, co ‘Plan Único’ como principal programa de investimentos.


|

A Deputación da Coruña aproba uns orzamentos de 183,6 millóns de euros, 4,65 millóns máis que este ano, co ‘Plan Único’ como principal programa de investimentos.


Valentín González Formoso e Xulio Ferreiro-obras estadio Riazor

González Formoso ante os medios


A Deputación da Coruña aprobou os orzamentos para o próximo ano, uns orzamentos “históricos” en palabras do presidente da Deputación, Valentín González Formoso. Estes orzamentos teñen como principal programa de investimentos o ‘Plan Único’ (POS+), que en tres anos destinou 243,5 millóns aos concellos coruñeses e que na actualidade financia 1.146 obras nos 93 concellos da Coruña.


Ningún concello da provincia vai recibir menos neste mandato que no mandato anterior”, afirmou González Formoso ante os medios, instando á Xunta a “aplicar un sistema de investimentos nos concellos con carácter obxectivo e transparente” e non “sacando convocatorias in concorrencia competitiva”.


Entre as áreas nas que máis se incrementaron os orzamentos destacan as áreas de Emprego e Promoción Económica, cun 32%, Cultura e Deportes, co 1,7% Acción Social co 8,7% ou Vías e Obras, que leva un 7,5% do total. A aprobación dos orzamentos contou cos votos de PSdeG, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dúas Veciños, co único voto en contra do Partido Popular

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE