A pesar de dar beneficios, Brico Depôt pechará as súas tendas deixando no aire 60 empregos en Galicia

A cadea opera unha tenda no polígono da Grela e outra en Parque Ferrol


|

Uns 60 postos de traballo na Coruña e Ferrol en perigo tras o anuncio de peche


A cadea opera unha tenda no polígono da Grela e outra en Parque Ferrol


O grupo británico Kingfisher, presente no mercado español a través da cadea de tendas de bricolaxe Brico Depôt, anunciou que abandonará a Península Ibérica, onde conta con 31 establecementos, para concentrarse naqueles países onde conta cunha cota de mercado significativa.



Brico depot coruu00f1a

Brico Depot A Coruña


"Estamos comprometidos co noso plan de crear un negocio forte a longo prazo", explicou a conselleira delegada do grupo británico, Véronique Laury, engadindo que "a decisión de saír de Rusia, España e Portugal forma parte deste compromiso".


Segundo os datos da compañía, presente no mercado español desde 2003, Brico Depôt Iberia conta con 31 tendas abertas en España e Portugal, das que 27 corresponden a España, e cun total de máis de 1.700 traballadores.


A compañía dá beneficios

No seu último exercicio fiscal, Brico Depôt España logrou un beneficio operativo de 2 millóns de libras esterlinas (2,2 millóns de euros), mentres que o negocio portugués rexistrou perdas de explotación por importe de 2 millóns de libras (2,2 millóns de euros).


"Isto permitiranos aplicar a nosa estratexia con maior enfoque e eficacia nos nosos mercados principais, onde contamos ou podemos alcanzar unha posición de liderado", apostilou Laury.


No terceiro trimestre do seu ano fiscal, as vendas de Kingfisher sumaron 3.048 millóns de libras (3.426 millóns de euros), un 0,2% máis que un ano antes, aínda que en termos comparables diminuíron un 1,3%. O negocio da compañía na Península Ibérica mellorou un 0,9% entre agosto e outubro, ata 87 millóns de libras (98 millóns de euros).

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE