Inés Rey candidata socialista á alcaldía: “A partir deste momento non hai candidaturas, hai partido”
A avogada impúxose na segunda volta das primarias ao actual portavoz municipal socialista, José Manuel García, próximo a Gonzalo Caballero. Rey, que conta con apoio como o do parlamentario Juan Díaz Villoslada levou o 53,3% dos votos.
A avogada impúxose na segunda volta das primarias ao actual portavoz municipal socialista, José Manuel García, próximo a Gonzalo Caballero. Rey, que conta con apoio como o do parlamentario Juan Díaz Villoslada levou o 53,3% dos votos.
Na segunda volta das primarias herculinas votaron 403 inscritos, o que supón unha participación do 77,3%. Tras a súa vitoria Inés Rey destacou a “altísima participación” e o "exemplo de democracia" mostrado polo PSdeG-PSOE, o que "ningún outro partido é capaz de facer".
Do mesmo xeito, a agora candidata á alcaldía coruñesa, apelou á "integración" das candidaturas dos outros tres aspirantes. "A partir deste momento xa non hai candidaturas, xa non hai candidatos, hai partido, hai unidade e hai unha oportunidade única de recuperar a Alcaldía da Coruña”, expresou tras a súa vitoria
OBXECTIVO A ALCALDÍA
Xa coa cabeza posta no obxectivo, Rey fixo un chamamento a "traballar por ese obxectivo común" para os socialistas, que é "recuperar a Alcaldía" na cidade herculina. "Imos traballar co partido, coa súa executiva, faremos entre todos un programa pensando en gobernar a cidade e en facer unha candidatura socialista na que todo o mundo senta integrado. Saímos a gañar", sentenciou. Ademais, recalcou que mantén unha "comunicación fluída" co líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, que a felicitou na súa conta de Twitter.
Escribe o teu comentario