'Sirat' leva o Mestre Mateo a Mellor Película fronte a 'Antes de Nós'
A gala celebrouse esta noite no Auditorio Fuxan vos Ventos en Lugo e estivo presentada por Trisha Fernández e o humorista Federico Pérez.
'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo a 'Antes de Nós', a gran nomeada desta edición. Con todo, a cinta de Anxos Huerta sobre Castelao igualou a marca histórica de premios de 'Dhogs', de Andrés Goteira.
A película era finalista en até 18 categorías, das que se levou 13 premios. Entre eles, Huerta sumou o seu segundo galardón a Mellor Dirección. A produción destacou nunha gran noite de protagonismo feminino, na que o 70% de premios recaeron en mulleres.
Mentres o filme de Oliver Laxe gañou a Mellor Música Orginal, para Kanding Ray, e Mellor Son, para Amanda Villavieja, 'Antes de Nós' concentrou a maioría de galardóns artísticos e técnicos. Mellor Guion, para Pepe Coira, e Mellor Dirección de Produción, para Lucía Caramelo, son outros dos premios que obtivo.
Por outra banda, 'Weiss & Morais' gañou a Mellor serie; 'Cos pés na terra', a Mellor Programa, e '360 Curvas', de Alejandro Gándara e Ariadna Silva, a Mellor Documental.
A gala celebrouse esta noite no Auditorio Fuxan vos Ventos en Lugo e estivo presentada por Trisha Fernández e o humorista Federico Pérez. En representación institucional, acudiron a vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz, e o conselleiro de Cultura, José López Campos, entre outros.
Escribe o teu comentario