O Roller Derby chega a A Coruña da man das Brigantias

|

A cita, para mozas de entre 12 e 17 anos, terá lugar o próximo 14 de decembro de 21h a 23h. 


As bringantias

O equipo das Britantias


O equipo herculino de Roller Derby de As Brigantias ofrecerá o vindeiro venres 14 de decembro un taller para iniciar ás mozas no popular deporte sobre patíns. A cita terá lugar na Cidade Deportiva de Riazor desde as 21 horas ata as 23 horas.


E no taller explicaranse as regras do xogo, realizaranse exercicios prácticos e poderase ver simulacións dalgunhas situacións que ocorren durante un partido. Con todo, esta non é a única ocasión para gozar das Brigantias, xa que o club ofrece mensualmente varios días de portas abertas para todas aquelas persoas interesadas en participar ou simplemente observar o xogo.


Para apuntarse ao taller os interesados ten que darse de alta en http://www.coruna.gal/cmix ou no seguinte ligazón, xa que as prazas son limitadas. A inscrición permanecerá aberta ata o xoves ás 12:00 horas ou ata que se acaben as prazas. Ademais, As Brigantias recomendan acudir ao evento con patíns e protecciones, aínda que o propio equipo pode facilitar os materiais a aquelas persoas que os necesiten.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress