A moción de censura presentada polo PP e o PSOE contra o alcalde de Catoira, Xan Castaño (PP), carece do aval da dirección provincial do PP de Pontevedra, que, á espera de coñecer os detalles sobre o movemento, abre a porta para emprender sancións contra os seus edís na corporación arousá.
n o PSOE, Ferraz apoiou os poucos cambios que Caballero impuxo nas listas configuradas polas direccións provinciais, coa xornalista Noelia Otero como fichaxe estrela.
Galiciapress resume todas as enquisas publicadas desde xaneiro para as eleccións galegas do domingo 5 de abril de 2020. A última deste luns.
O barómetro do CIS pregunta por unhas hipotéticas eleccións xerais, pero vista a proximidade das eleccións galegas, a desagregación de datos na autonomía ten especial interese.
A maior diferenza está no espazo que debería cubrir o galeguismo de esquerdas. Lembremos que nas eleccións do 2016 ese espazo estaba ocupado por dúas organizacións (EN MAREA, BNG) que finalmente sumaron 20 deputados e 390.400 votos que representaban o 26,7% dos escanos e o 27,4% dos votos emitidos.
“Se o pesadelo de Arrimadas é que o BNG goberne, fagámolo realidade”, di animosa a candidata do Bloque nesta entrevista en Galiciapress, a primera das conversas con candidatos que publicará este xornal. E é que Ana Pontón (Sarria, 1977) vese con forzas para superar a Gonzalo Caballero, a quen acusa de fuxir do debate co Bloque. De chegar á presidenica, promete que o primeiro que fará será derrogar a lei que limitou o ensino en galego. A situación de Ferroatlántica, Alcoa e Alu Ibérica; a crise no agro, a marcha de Villares e a investigación de PEMEX son outros puntos da entrevista, ademais da súa recente maternidade.
Está Villarejo detrás da publicación da foto que supuxo a morte política de Anxo Quintana? Analizamos as claves dunha imputación, a do xefe de Seguridade da construtora galega San José, que pode axudar a entender un xiro crave na historia de Galicia.
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou este luns unha emenda á totalidade ao orzamento para o 2020 do Concello de Pontevedra por ser "machista" e fomentar a desigualdade.
Indica algo que un partido político encher os seus eventos ata o punto que os líderes teñan que mitinear na rúa? Pasoulle a Beiras en vésperas da sorpresiva entrada de AGE no Parlamento Gallego. Pasoulle a Vox en vésperas do seu ascenso no Congreso. E pasoulle este domingo ao Bloque na presentación de Pontón como candidata. O acto celebrouse en Auditorio Abanca de Santiago, cun aforo oficial para 700 persoas.
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, considerou "imprescindible" que Galicia estea incluída no fondo de transición xusta votado este mércores na Eurocámara dentro do Pacto Verde Europeo.