As "mentiras de Feijóo" sobre a crise da Mariña pasarán factura ao líder dos populares o domingo, augura Pontón
"Galicia non merece un presidente irresponsable, que amenta e que esconda información por puro cálculo electoral" , reprochou a lider nacionalista, que desde hai días insiste á Xunta a cambiar a súa postura e suspender as eleccións na Mariña.
A candidata á Xunta polo BNG cre que a "irresponsabilidade" e a "mentira" terán consecuencias para o actual presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, nas votacións deste domingo.
A candidata do Bloque á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, vaticinou que o vindeiro domingo o xefe do Executivo autonómico e aspirante á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, pagará nas urnas as "mentiras" sobre o brote Covid-19 na comarca da Mariña luguesa.
"Galicia non merece un presidente irresponsable, que amenta e que esconda información por puro cálculo electoral", espetou Pontón durante un acto na Praza de San Clemente de Santiago onde o BNG quixo render homenaxe ás mulleres polo seu traballo durante a pandemia.
Para a líder frontista, Núñez Feijóo dedícase a "minimizar" o problema porque "antepon os seus interes partidistas á saúde das persoas". "A Feijóo non lle importan nada os veciños da Mariña nin garantir o seu dereito á saúde nin o seu dereito para votar", incidiu Pontón.
Así as cousas, augurou que "tanta irresponsabilidade" e "tanta mentira" terán consecuencias nas urnas este domingo e, "empezando pola Mariña", Feijóo "vai recibir unha resposta contundente" que "sepultará a montaña de mentiras do candidato do PP".
"Merecemos unha presidenta que diga sempre a verdade e que sempre poña por diante a saúde das persoas", aseverou antes de advertir que o titular do Goberno galego cinguía "a dous ou tres bares que había que pechar" o problema que dous días despois obrigou a clausurar toda unha comarca a través dun informe "no que se indicaba que había transmisión comunitaria".
Escribe o teu comentario