eleccions galegas

“Estas eleccións van de se o presidente Rueda ou a presidenta Pontón”

Ana Pontón é a máis nova entre os e as presidenciables con opcións, pero nesta entrevista con Galiciapress demostra xeitos propios dunha política con décadas de experiencia. Insiste nas súas ideas forza -estamos ante unha oportunidade única de termos unha muller presidenta e na práctica isto é un combate BNG vs. PP- e esquiva polémicas -por exemplo, unha hipotética negociación con Democracia Ourensana para botar ao PP. O pacto coa Anova de Beiras e Noriega, a nacionalización de a Alcoa e como solventar a falta de médicos no SERGAS son outras das cuestións desta conversa, a segunda da serie de entrevistas electorais cos principais candidatos que está publicando este xornal. 

O soberanismo galego cambia de protagonistas

Se nas eleccións do 2016 o soberanismo foi, por mor de EN MAREA, a opción das esquerdas máis votada (14 deputados), quedando o BNG a bastante distancia (6 deputados), na convocatoria última aquilo aparece agrupado ao redor de exclusiva representación do BNG que consegue así o seu mellor resultado na historia da autonomía galega (19 deputados).

As dereitas galegas volven doutorarse

As eleccións autonómicas do pasado 12 de xullo deixaron de novo en evidencia a gran fortaleza política do PP en Galicia froito dun maioritario apoio social. Apoio que se ve favorecido pola concentración do voto conservador e que supera territorios e clases sociais. Unhas evidencias que fan pensar que este dominio seguirá prolongándose no tempo.

Os membros da mesa electoral dun colexio de Touro non teñen auga nin baños por estar "higiénicamente inaccesibles", denuncian

Desde o municipio tourense denuncian para Galiciapress as condicións antihigiénicas nas que se atopan os servizos dun dos colexios electorais do municipio. 

Consulta todas as entrevistas de Galiciapress aos principais partidos pola carreira á Xunta

Desde o inicio da campaña electoral, Galiciapress entrevistou a candidatos e principais membros das listas electorais das forzas políticas con opcións de entrar na Xunta.


As "mentiras de Feijóo" sobre a crise da Mariña pasarán factura ao líder dos populares o domingo, augura Pontón
A candidata do Bloque á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, vaticinou que o vindeiro domingo o xefe do Executivo autonómico e aspirante á reelección polo PP, Alberto Núñez Feijóo, pagará nas urnas as "mentiras" sobre o brote Covid-19 na comarca da Mariña luguesa.
Patricia Otero, número uno do PSOE por Lugo, confínase na Mariña e non participará no que queda de campaña
Os candidatos do PP da zona, entre os que está a tamén cabeza de cartel Elena Candia, aseguraron que "adaptarían" os seus actos
(​VÍDEO) InvestiGal enumera as moitas razóns polas que se debe apostar pola investigación

Desde a Rede Galega pola Investigación realizaron un repaso aos motivos polos que se debería apostar máis pola investigación e a Innovación. 

Unha muller presidenta: unha oportunidade para avanzar como país

Se en Galicia as desigualdades sociais disparáronse durante o mandato de A. Núñez Feijóo (2009-2020), hai unha que resulta especialmente irritante: a desigualdade de xénero.

Denuncias ante a Xustiza dunha "fraude electoral" pola recomendación de levar o voto de casa
Seis candidaturas que se presentaron ás eleccións galegas do próximo 12 de xullo denunciaron, ante a xunta electoral de Galicia (JEG) a recomendación da Xunta, recollida no protocolo de medidas preventivas en materia de saúde, publicada no Diario Oficial de Galicia do 30 de maio, no que se recomenda levar o voto de casa en lugar de collelo no propio colexio electoral.
Feijóo pon en valor as súas políticas económicas e exemplifícao co dato "esperanzador" do paro na comunidade
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, celebrou o último dato do paro na Comunidade, do que destacou que é "esperanzador", pero advertiu, ao tempo, que non quere "enganar a ninguén" e apelou a ser "realistas" nun contexto marcado pola pandemia que carrexa "momentos moi complexos" para a economía.
Pedro Sánchez di que Gonzalo Caballero é o mellor candidato para "xogar o partido" en Galicia pola Xunta
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou que o PSOE sae "a xogar o partido" en Galicia con "o mellor candidato" posible á Xunta, Gonzalo Caballero, e contrapuxo o modelo sanitario de "sálvese quen poida" exercido polo PP co que busca que "ninguén quede atrás", que é o que representan os socialistas.
Pino (Cs): "Hai dúas opcións de cambio: a mellor con Cs entrando na Xunta e a peor con populistas e nacionalistas"

Creo que hai unha opción de cambio a mellor en Galicia, está en mans dos galegos porque estamos a tempo de permitir e de facer un voto que non se conforme para conseguir que este partido entre na Xunta.

A montaña pariu un rato

Si temos en conta que segundo datos da propia CRTVG os niveis máximos de audiencia están nunha cota de pantalla do 10,5% concluiremos que o impacto social non será moi relevante por moita  autopropaganda que faga a CRTVG. Por se esta debilidade das audiencias non fose suficiente para cuestionar a súa influencia no voto final o escenario escollido para o debate non resultou, nin moito menos, o máis idóneo para que os distintos actores políticos puidesen lucir mellor as súas capacidades políticas.

​Abanca gañou máis de 400 millóns en 2019 “a base de sablazos” coas súas comisións, denuncia o BNG

Desde o Bloque Nacionalista Galego denuncian as “abusivas comisións de mantemento” que Abanca executa sobre as contas dos seus clientes.

​Gómez-Reino (Galicia En Común): "Poucos miles de votos sepárannos dun goberno progresista "


Na súa serie de entrevistas electorais, Galiciapress entrevista ao candidato de Galicia En Común Anova Mareas, Antón Gómez-Reino, que dá o salto desde Congreso dos Deputados a Galicia para tentar liderar a Xunta. O referente de Podemos Galicia só ve dúas alternativas: un bloque progresista, integrado polas tres forzas de esquerdas galegas, ou unha coalición entre o PPdeG e Vox. O suposto control dos medios de comunicación públicos por parte da Xunta, a crise sanitaria e das residencias ou a delicada situación do sector industrial galego son outros dos puntos que ocupan esta conversación. 

Os sete principais candidatos á Xunta mídense hoxe no único debate televisado da campaña electoral
A Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) mobiliza este luns un "amplo dispositivo" para o debate electoral entre os candidatos das sete principais forzas políticas que se presentan ás eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo, o único que terá lugar durante a campaña electoral.
Feijóo fala de "moderación" pero arremete contra Sánchez: "É probablemente o peor Goberno que tivo España"
O líder do PPdeG e candidato á reelección como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, rexeitou importar a Galicia a "fragmentación política de bloques" de España e defendeu o "sentidiño" e a "moderación" da súa xestión durante os últimos 11 anos.
Beatriz Pino téndelle a man a Feijóo se Cidadáns entra no Parlamento: "Estará aí se fai falta a suma"
Afirma que un posible acordo a tres con Vox estaría en mans do PP, cre Cs dará a "sorpresa" o 12J e márcase como reto lograr 4 escanos
​Vox inicia a súa campaña en Galicia colocando miles de globos e provoca un tsunami de críticas, incluído Feijóo

A campaña do partido de ultradereita con motivo dos comicios galegos non recibiu a acollida que esperaba a forza liderada por Santiago Abascal. Outras organizacións políticas e ecoloxistas cargaron con dureza contra Vox. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE