Os sete principais candidatos á Xunta mídense hoxe no único debate televisado da campaña electoral

A Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) mobiliza este luns un "amplo dispositivo" para o debate electoral entre os candidatos das sete principais forzas políticas que se presentan ás eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo, o único que terá lugar durante a campaña electoral.

|

O debate, que comezará ás 21:30 horas, contará coas principais forzas políticas e será moderado polos xornalistas Marta Darriba e Alejandro López.


Doutra banda, este duelo non está afastado da polémica, sobre todo despois das denuncias de varios candidatos pola repartición de tempo de intervención ou o distinto trato a nivel informativo que a CRTVG, segundo denuncian, dispensa ás forzas políticas. 


Estudio da Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) preparado para un debate a seis nas eleccións autonómicas galegas para o 5 de abril


Estudio da TVG no debate dos pasados comicios 


A Corporación de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) mobiliza este luns un "amplo dispositivo" para o debate electoral entre os candidatos das sete principais forzas políticas que se presentan ás eleccións autonómicas do próximo 12 de xullo, o único que terá lugar durante a campaña electoral.


En concreto, celebrarase a partir das 21,30 horas e que se poderá seguir a través da Televisión de Galicia, a Radio Galega, a G2 --con intérprete de lingua de signos--, a canle de Youtube da Corporación --tamén con intérprete en lingua de signos--, e a través dos medios dixitais da CRTVG.

A TVG ofrecerá un 'Especial informativo' xa desde as 19,30 horas, presentado por Ana Celia Vázquez, no que participarán os analistas Ana Luísa Bouza, José Luis Gómez, Xosé Luís Barreiro Rivas e Roberto Blanco Valdés, que irán analizando os momentos previos e posteriores ao evento. O debate será moderado polos xornalistas Marta Darriba e Alejandro López desde o Estudo 5 de San Marcos.


Os candidatos dos denominados electoralmente 'grupos representativos' serán Alberto Núñez Feijóo, polo PP; Pancho Casal, de Marea Galeguista; Gonzalo Caballero, do PSdeG; e Ana Pontón, polo BNG. En representación dos grupos 'significativos' van Antón Gómez-Reino, candidato de Galicia en Común; Beatriz Piñeiro, de Cidadáns; e Ricardo Morado, de Vox.


CATRO BLOQUES 

Todos eles contrastarán as súas posturas en catro bloques: Galicia e a covid: xestión, nova normalidade, reconstrución; políticas económicas, industriais, orzamentarias e fiscais; políticas sociais e de benestar, educación, sanitarias e modelo institucional, pactos, gobernabilidade e encaixe de Galicia no Estado.


A CRTVG lembrou que, tanto a fórmula para a asignación de tempos a cada formación como o carácter dos diferentes grupos, veñen establecidos pola Lei Orgánica de Réxime Electoral (LOREG) e as instrucións da xunta electoral.


As normas e a orde de participación serán as pactadas polos representantes das sete forzas na reunión celebrada esta semana nas instalacións da CRTVG en San Marcos.


Os candidatos das principais forzas políticas despexaron en parte ou totalmente as súas axendas públicas para preparar o único debate electoral programado na campaña electoral.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE