Buscan no río Támega a un garda civil xubilado de Verín de 59 anos que puido haber caído á auga
Estas primeiras informacións sinalaban que a posibilidade era que se podería atopar nas inmediacións do Támega.Até alí desprazáronse axentes da Garda Civil, incluído os equipos de mergullo cun importante despregamento de medios acuáticos, así como membros de Protección Civil de Verín, que peitean a zona en busca dalgún indicio, ademais de axentes forestais e familiares e amigos do desaparecido. As autoridades chaman á cidadanía a achegar calquera información que teñan relativa ao posible paradoiro desta persoa, un Garda Civil xubilado.
As inmediacións do río Támega son hoxe o escenario dun importante despregamento de efectivos da Garda Civil de Ourense que tratan de rastrexar a pista dun desaparecido en Verín desde onte, co temor de que puidese caer ao río.
PROCURA
O home, de 59 anos, desapareceu en Mourazos na mañá do domingo, cando as autoridades tiveron aviso da súa desaparición. Estas primeiras informacións sinalaban que a posibilidade era que se podería atopar nas inmediacións do Támega.
Até alí desprazáronse axentes da Garda Civil, incluído os equipos de mergullo cun importante despregamento de medios acuáticos, así como membros de Protección Civil de Verín, que peitean a zona en busca dalgún indicio, ademais de axentes forestais e familiares e amigos do desaparecido.
As autoridades chaman á cidadanía a achegar calquera información que teñan relativa ao posible paradoiro desta persoa, un Garda Civil xubilado. A furgoneta do desaparecido foi localizada na zona pola que se concentra a procura.
Escribe o teu comentario