Denuncias ante a Xustiza dunha "fraude electoral" pola recomendación de levar o voto de casa

Seis candidaturas que se presentaron ás eleccións galegas do próximo 12 de xullo denunciaron, ante a xunta electoral de Galicia (JEG) a recomendación da Xunta, recollida no protocolo de medidas preventivas en materia de saúde, publicada no Diario Oficial de Galicia do 30 de maio, no que se recomenda levar o voto de casa en lugar de collelo no propio colexio electoral.

|

A Xunta Electoral de Galicia (JEG) recibiu denuncias contra a Xunta de Galicia pola recomendación do Goberno galego de levar o voto de casa directo á urna. Isto xogaría en contra de partidos minoritarios que non mandan o voto ás casas , quen denuncia que se trataría de un "fraude electoral" propia do século XIX.


Entre os seis denunciantes non atopamos ningún dos "grandes partidos" que se presentan a estes comicios, salvo Cidadáns Galicia. A cor política dos denunciantes é moi variado, con Coalición Centro Democrático-Autónomos, Contigo Somos Democracia, Converxencia 21, Por un mundo máis Xusto e Unidos polo futuro. 


Papeletas. Votacións. Colexio Electoral. Eleccións municipais e europeas do 26 de maior de 2019. Colexio CEIP Cruceiro de Canido. Ferrol (A Coruña).



Seis candidaturas que se presentaron ás eleccións galegas do próximo 12 de xullo denunciaron, ante a xunta electoral de Galicia (JEG) a recomendación da Xunta, recollida no protocolo de medidas preventivas en materia de saúde, publicada no Diario Oficial de Galicia do 30 de maio, no que se recomenda levar o voto de casa en lugar de collelo no propio colexio electoral.

A denuncia, recollida por Europa Press, advirte de que se trataría un "fraude electoral" propio de finais do século XIX, posto que as papeletas dos partidos minoritarios non chegan aos domicilios, por propóñeno, como vía de solución, que cheguen a todas as casas as papeletas de todas as candidaturas.

Esta denuncian asínana, ante a xunta electoral galega, as seguintes formacións, que sinalan que pertencen a un espectro ideolóxico variado: Cidadáns de Galicia, Coalición Centro Democrático-Autónomos, Contigo Somos Democracia, Converxencia 21, Por un mundo máis Xusto e Unidos polo futuro. Está aberto a outras formacións que queiran sumarse.

Así, a reclamación denuncia "unha campaña de publicidade institucional do executivo da Xunta de Galicia que, segundo consideran, se entromete no proceso electoral invadindo competencias" da xunta electoral, que é a máxima autoridade que regula os comicios, debido a que a Xunta "non pode ser xuíz e parte" nin "actuar como Juan Palomo, eu mo guiso".

"Debido a que Núñez Feijóo e o seu equipo, agora goberno en funcións, aspiran á reelección e cunha maioría folgada, non poden ser eles mesmos quen organice as eleccións á súa conveniencia", advirten estas candidaturas, que lembran as "fraudes electorais" do réxime da Restauración de finais do XIX, con eleccións "cociñadas polos gobernadores civís e os caciques das oligarquías locais".

"A xunta electoral debería pararlle os pés de inmediato", insistiu os denunciantes, que advirten de que se trata dunha "intromisión que prexudica, sobre todo, ás novas formacións, medianas ou pequenas" e "vulnera o procedemento do voto", establecido na lei electoral.

"O goberno de Núñez Feijóo recomenda aos electores que voten dun modo que vulnera as instrucións da LOREG, a cal establece que a cidadanía debe poder elixir entre todas as papeletas, e non só unhas poucas que reciba duns poucos partidos con grandes subvencións electorais para os seus envíos, entre eles o PP", aseveran.


RECLAMACIÓN CONCRETA

Na denuncia ante a xunta electoral, piden como solución para un proceso "limpo" que, a similitude do que leva a cabo co voto CERA (ao que se lle proporcionan todas as papeletas), "entréguense" as de todas as formacións que concorren "nos domicilios nun único paquete", o que supoñería "un gran avance democrático en Galicia e no conxunto de España, arquetipo de compromiso democrático e co xogo limpo".

De non aceptarse esta opción, reclaman subsidiariamente que se "decrete completamente nula e sen efecto" a medida "recoméndase que as persoas electoras leven o voto xa preparado desde o domicilio", que aparece no protocolo e acorde a "ilegalidade de calquera comunicación, anuncio ou publicidade" das autoridades galegas ou locais e/ou os seus empregados no sentido de "aconsellar ou suxerir veladamente mesmo dita acción", con "apercibimento e sancións por incumprimento.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE