​Abanca gañou máis de 400 millóns en 2019 “a base de sablazos” coas súas comisións, denuncia o BNG

Desde o Bloque Nacionalista Galego denuncian as “abusivas comisións de mantemento” que Abanca executa sobre as contas dos seus clientes.


|

Desde o Bloque Nacionalista Galego denuncian as “abusivas comisións de mantemento” que Abanca executa sobre as contas dos seus clientes.


Luís Bará, cabeza de lista dos nacionalistas por Pontevedra, protestou ante a oficina central da entidade na cidade do Lérez para reclamar a devolución desas comisións e puxo de manifesto o rexeitamento da forza nacionalista a este tipo de prácticas que afectan “a pensionistas, auntónomos e persoas traballadoras, moitas delas en situación de ERTE”. Ademais, como réplica, propón a creación dunha banca pública e galega. 


Abanca bng baru00e1

Protesta dos nacionalistas ante a sede de Abanca


Bará, acompañado doutras personalidades do BNG, considerou abusivas as comisións de mantemento semestrais de 50 euros. Nese sentido, lamentou que a política da entidade bancaria non camiñase acorde á situación de crise que se vive nestes momentos.


Esta banca privada beneficiada por Feijóo gaña centos de millóns de euros cada ano, no ano 2019 uns 405 millóns de euros, a base de meter ‘sablazos’ como os 50 euros de comisión semestral cobrados recentemente. Desde logo o BNG está radicalmente en contra destas prácticas abusivas”, afirmou Bará, que defende, do mesmo xeito que o BNG, a devolución das comisións abusivas e a devolución do rescate de Abanca, de 9.000 millóns, para crear unha banca pública galega


BANCA PÚBLICA

Como alternativa, Bará propuxo unha banca pública, imitando ao modelo alemán, cunha banca “rendible, saneada e que dá beneficios” e que buscaría fomentar e financiar obra pública e de interese social e impulsar o tecido produtivo galego e a actividade industrial coa súa participación en sectores económicos e empresas estratéxicas. Ademais, esta banca pública permitiría dota de liquidez en momentos críticos como este e servir de moto financeiro.


O BNG quere un banco público e o PP protexe e beneficia á banca privada, que foi desmantelada e resultado da desfeita das caixas que é responsabilidade directa do señor Núñez Feijóo”, criticou o número uno nacionalista por Pontevedra.



A continuación engadiu a importancia de contar cunha banca galega de fronte ao desenvolvemento produtivo galego por medio da aposta de sectores onde non entran outras entidades ou evitar a saída de capital a outras zonas xeográficas por medio da captación de aforro galego, destinado máis tarde ao tecido produtivo do país, entre outras vantaxes.


Sobre isto, para Bará a única opción para que leve a cabo é mediante un goberno progresista con Ana Pontón á fronte da Xunta. Solicitou a mobilización do voto de esquerdas, como veñen facendo os líderes e candidatos doutras forzas neste tempo, e reclamou o voto galeguista para os nacionalistas, xa que “tanto a abstención como -a división do voto serán votos para o Partido Popular, ao que queremos desaloxar da Xunta".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE