Pedro Sánchez di que Gonzalo Caballero é o mellor candidato para "xogar o partido" en Galicia pola Xunta
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, desfíxose este xoves en afagos cara ao candidatos dos socialistas na carreira pola Xunta de Galicia, un obxectivo que, a día de hoxe, parece estar entre el, apoiado iso si por BNG e Galicia En Común, ou Feijóo, segundo as últimas sondaxes.
Sánchez puxo como exemplo de política sanitaria a situación que se viviu hai uns meses co peche do paritorio no hospital de Verín, unha medida que, tras a presión social, tivo que rectificar a Xunta de Galicia: "Un sálvese quen poida cando goberna o PP ou un que ninguén quede atrás con gobernos progresistas liderados polo PSOE".
Caballero e Sánchez, xunto durante a campaña
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, asegurou que o PSOE sae "a xogar o partido" en Galicia con "o mellor candidato" posible á Xunta, Gonzalo Caballero, e contrapuxo o modelo sanitario de "sálvese quen poida" exercido polo PP co que busca que "ninguén quede atrás", que é o que representan os socialistas.
Así o expresou nunha entrevista en A Sexta, recollida por Europa Press, preguntado polas expectativas do seu partido ante os comicios vascos e galegos do 12 de xullo. En Galicia, onde as sondaxes apuntan a que o 'popular' Alberto Núñez Feijóo podería revalidar a maioría absoluta, Sánchez evitou dar este resultado por feito. "Hai que xogar o partido", sinalou, afirmando que os socialistas saen "co mellor dos candidatos", en referencia a Caballero.
Sánchez arremeteu contra os recortes en Sanidade levados a cabo pola Xunta e citou expresamente a polémica co hospital de Verín, que contrapuxo co modelo defendido polos socialistas. "Un sálvese quen poida cando goberna o PP ou un que ninguén quede atrás con gobernos progresistas liderados polo PSOE", resumiu.
Sobre a posibilidade de que o Partido Socialista de Euskadi formase un tripartito con Podemos e Bildu no País Vasco, Sánchez lembrou que a propia Mendia dixo publicamente que "non entra nesa ecuación".
Unha postura que el apoia ao considerar que "o importante" de fronte ao 12J é "ter unha esquerda non nacionalista forte no Goberno de Euskadi" que achegue "estabilidade" e fomente "a concordia", aínda que precisou que non renuncia a que Mendia sexa "primeira forza", un obxectivo este último que non recolle ningunha enquisa como posible.
De feito, a verdadeira meta que se marcan os socialistas en Euskadi o 12J é manter o actual Goberno de coalición co PNV.
Escribe o teu comentario