Unha lexislatura continuista en Galicia

Manoel Barbeitos
Economista

 Durante os últimos días do mes de agosto e a primeira semana de setembro asistimos en Galicia a inauguración dun novo curso político (na que será a undécima lexislatura) que, dados os resultados habidos nas eleccións autonómicas (12 de xullo), vai estaren marcado por outra maioría absoluta do Partido Popular (será a oitava na historia da autonomía) tal que lle permitirá a Alberto Núñez Feijoo afrontar con total tranquilidade outro mandato que será o cuarto consecutivo.


Parecera que como diría un francés "nous l'avons déjà vu". Sendo isto certo a nova lexislatura ven tamén marcada por algúns cambios relevantes na composición partidaria da cámara galega así coma por moitas incógnitas, nada optimistas, a nivel social dadas tanto a emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus como a nova recesión económica que tendo unha orixe anterior a pandemia viuse intensificada e ampliada pola mesma. Neste marco cabería esperar que esta lexislatura sexa, cando menos , interesante.


Hai certa curiosidade por ver en que se reflexa o novo liderado da oposición, agora en mans dun BNG que ademais terá como voceira a unha muller (Ana Pontón) que, merecidamente, despertou importantes expectativas


En relación ao primeiro non cabe dúbidas de que hai certa curiosidade por ver en que se reflexa o novo liderado da oposición, agora en mans dun BNG que ademais terá como voceira a unha muller (Ana Pontón) que, merecidamente, despertou importantes expectativas. Por caso, cabería esperar que no relato da oposición os asuntos relacionados coa soberanía, a desigualdade de xénero, o medio ambiente (cos incendios forestais en moi primeira fila), o emprego e o déficit social ocupen un lugar relevante xunto as lóxicas críticas a nefasta xestión da pandemia por parte desta Xunta de Galicia (PP) que, por caso, está facilitando tanto unha auténtica masacre nas residencias de maiores (van xa 237 os falecidos) como unhas fortes pero moi xustificadas críticas por parte do persoal sanitario dada a escaseza de medios cos que teñen que afrontar, en primeira fila, a loita contra a pandemia. Unha escaseza de medios que impide mellores resultados e pon en risco a saúde e a vida do persoal sanitario.


Hai tamén expectación, aínda que en menor medida, por veren como o PSdeG-PSOE afronta a súa condición de secundario na oposición. Nesta especie de travesía do deserto, que aparece como bastante longa, este partido debera empezar por entender definitivamente o terreo de xogo no que se move. Algo que parece custarlle moito a nova dirección que lidera Gonzalo Caballero tal como sucedera a outros portavoces en lexislaturas anteriores. Non lle vai a axudar a situación política a nivel español marcada polo enfrontamento entre o goberno central e os gobernos das autonomías. A lóxica solidariedade co primeiro, fronte a unhas dereitas cavernícolas e algúns soberanistas claramente desnortados, non debera impedirlle entender a necesidade vital de exercer como forza galeguista.


Enfronte un Partido Popular que, como así subliñou o seu portavoz na Cámara Pedro Puy Fraga, será continuista na súa folla de ruta. Neste lado nada novo baixo o sol (ou as tebras?) de Galicia.


3358872



Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Máis opinión
Opinadores

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE