O presidente da Xunta recibiu á líder da oposición 9 meses despois da investidura. A nacionalista sae da reunión criticando políticas como os recortes sanitarios e o modelo de residencias pero á vez sinala que pode haber algúns consensos e encomia o diálogo.
Un impacto que se reflicte tanto na caída da produción, a actividade e o emprego, como no crecente número de familias que teñen enormes dificultades para chegar a fin de mes e no crecemento da desigualdade e a pobreza que está a alcanzar cifras xamais coñecidas na democracia.
Reformas que alcanzan a asuntos moi relevantes e centrais do réxime do 78 e que van desde a xefatura do estado ata o poder xudicial, pasando pola definición do propio estado español como un estado plurinacional.
As últimas eleccións autonómicas colocaron ao Bloque Nacionalista Galego (BNG) de líder da oposición en Galicia por segunda vez na historia da autonomía. Con todo as condicións en que se produce agora son diferentes á vez anterior.