A empresa de tecnosoles de Touro nega a existencia dun depósito "incontrolado" de residuos a pesar da denuncia do BNG
A empresa Ten, de elaboración de tecnosoles e compostaxe, situada nos terreos da antiga mina de Touro (A Coruña), nega que nesta superficie haxa un depósito "incontrolado" de residuos, como denunciou o BNG, á vez que reivindica a posta en marcha dun plan de "minimización" de cheiros.

A través dun comunicado, esta compañía afirma que é "rotundamente falso que os terreos da antiga mina de Touro sexan un depósito incontrolado de residuos, xa que non se depositan residuos senón que se tratan para unha posterior aplicación".
Engade que "é rotundamente falso que se descoñeza a procedencia nin a composición dos residuos que chegan á planta", e tamén asegura que é "falso" que supoña un "perigo para a saúde pública e a calidade ambiental", pois "máis ben o que fai é paliar a contaminación que producirían eses residuos se non fosen tratados".
Pola súa banda, defende como "primeiro obxectivo" do seu plan estratéxico a "eliminación de episodios de cheiros que poidan molestar aos veciños". "Por iso, dotamos unha partida orzamentaria para acometer accións encamiñadas a lograr este obxectivo", sinala.
Por último, mostra a súa sorpresa por que o BNG, "sendo un partido que aposta pola valorización de residuos fronte ás entulleiras, faga estas acusacións á primeira empresa galega que apostou pola compostaxe a pesar de visitar en varias ocasións a planta".
Escribe o teu comentario