O magnate demanda a Panamá e faio na súa condición de dono dun holding español. Reclámalle máis de 10 millóns de euros.
Novidades que incumben a Galicia na lista dos máis ricos de Forbes e esta vez non só teñen que ver coa familia Ortega e Inditex. O negocio que Juan Carlos Escotet está a facer con Abanca é de tal calibre que acaba de converterse na quinta persoa máis rica de España.
As cifras actualizadas do rescate bancario publicadas hoxe polo Banco de España mostran ata que punto o diñeiro público mantivo á boia entidades que hoxe, salvo o caso de Bankia, volven estar en mans privadas.
Cal foi o resultado de rescatar as antigas caixas para logo vendelas? Os fríos datos revelan ata que punto Juan Carlos Escotet está a facer negocio a partir de Caixanova e Caixa Galicia, rescatadas no seu día con case 13.000 millóns de euros públicos.
Venezuela non só prorrogou a intervención de Banesco, se non que a feito máis dura. A pesar disto e á inestabilidade da orixe da súa fortuna, Escotet insistio hoxe en que Abanca non corre perigo de contaxio, aínda que abandona, por agora, a idea de saír a bolsa.
O regulador bancario español, o Banco de España, impediu a operación pola que Abanca ía comprar a filial española do Deutsche Bank. O motivo último sería a inestibilidad para o sistema financeiro español que podería supoñer a expansión dun grupo bancario, Banesco, cuxa matriz en Venezuela segue intervida.
“Perdemos máis de 600 persoas e non podemos cubrir as vacantes porque xa ninguén quere vir traballar nun banco intervido”, recoñece Juan Carlos Escotet ao fío da prórroga da intervención de Banesco Venezuela.
Escotet, que deixou a presidencia de ABANCA nominalmente para centrarse no problema do seu banco en Caracas, móstrase incrédulo, pero o certo é que o Goberno de Maduro seguirá controlando Banesco Venezuela polo menos tres meses máis.
Escotet e os seus socios venezolanos levan gañados aproximádamente 1.400 millóns de euros desde que gañaron a poxa polas caixas galegas, rescatadas con máis de 12.000 millóns de diñeiro público. O banqueiro seguirá en Caracas por agora, pendente da acusación de branqueo que pende sobre o intervido Banesco.
Un pais solvente precisa de contar cun sistema bancario sólido e competente no que haxa unha matriz pública, ou cando menos social, relevante. Un país para medrar de xeito estable e prolongado necesita que tanto as administracións públicas, como as familias e as pequenas e medianas empresas teñan un fácil e doado acceso ao crédito para así consumir e investir. En definitiva un pais forte require de institucións que absorban o aforro e o canalicen deica aqueles axentes que precisan de financiamento alleo. Pero a grande crise financeira última puxo en evidencia que non se debe deixar esta función en exclusiva a banca privada dándolle total liberdade. Facelo é asumir un enorme risco pois rematan esquecendo a súa auténtica función económica dedicándose a especulación e a financiar de xeito pouco responsable actividades non produtivas. Comportamento que carrexa as consecuencias catastróficas de sobras coñecidas.
A intervención de Banesco Venezuela non é a primeira nin a segunda vez que un Estado toma medidas contra o grupo de Abanca de actividades relacionadas co branqueo. O ano pasado Panamá multou ao grupo por violar as leis de prevención de lavado de capitais. Xa anteriormente, a filial de Florida tivo que operar durante tres anos baixo supervisión especial por precisamente o mesmo.
A intervención de Banesco Venezuela non é a primeira vez que o grupo matriz de Abanca é sancionado polas autoridades bancarias dun estado por saltarse as leis bancarias. Panamá, país coñecido non precisamente polo rigoroso do seu réxime financeiro, xa sancionou a banesco por “violacións do Réxime de Prevención de Branqueo de Capitais / Financiamento do Terrorismo” o ano pasado.
Preocupación. Así se pode definir o estado de ánimo en Galicia tras a intervención de Banesco, matriz de Abanca. Empresarios, emigrantes e o vicepresidente da Xunta xa mostraron a súa intranquilidade por unha operación que o ex-presidente de Abanca define como unha cortina de fume para tapar os problemas de Venezuela.
Escotet, que dimite como presidente de Abanca, diríxese ao seu país para "poñerse a disposición do goberno". Hai dous españois detidos. Vídeo no interior.
A entidade obtivo en 2016 un beneficio neto de 333,6 millóns de euros, o que representa un incremento do 1,1% respecto ao ano anterior.