O chavismo estreitou o cerco á matriz de Abanca, pero Escotet non ve risco de contaxio
Venezuela non só prorrogou a intervención de Banesco, se non que a feito máis dura. A pesar disto e á inestabilidade da orixe da súa fortuna, Escotet insistio hoxe en que Abanca non corre perigo de contaxio, aínda que abandona, por agora, a idea de saír a bolsa.
Venezuela non só prorrogou a intervención de Banesco, se non que a fixo máis dura. A pesar disto e á inestabilidade da orixe da súa fortuna, Escotet insistíu hoxe en que Abanca non corre perigo de contaxio, aínda que abandona, por agora, a idea de saír a bolsa.
O chavismo acurtou máis a correa de Banesco Venezuela hai uns meses. Non só prorrogou a intervención estatal da entidade, senón que incorporou supervisións adicionais sobre os activos e operacións a través de Internet.
O CHAVISMO INTERVÉN MÁIS E POR MÁIS TEMPO
A Superintendencia de Institucións do Sector Bancario (Sudeban) di na súa resolución de novembro que incorporou unha nova ferramenta tecnolóxica contra o a "subutlización das ferramentas de vixilancia de operacións sospeitosas". A administracón argumenta que tampouco se ha concluído a análise das contas supostamente usadas para o "contrabando de efectivo".
Ademais, Sudebán alongou o prazo da prórroga. Mentres a intervención era de só tres meses, agora é de seis meses máis, que acaban en maio. Unha situación que xa está a ter impacto no negocio de Juan Carlos Escotet, pois centos de empregados abandonaron o banco e a entidade está a ter problemas para contratar novos profesionais. De fondo, o desexo do chavismo de que o Estado compre Banesco Venezuela, o primeiro banco do país, a Escotet.
NEGOCIOS SEPARADOS
Fronte a estas malas noticias e á enorme crise política e económica no país, o banqueiro insiste en que Galicia está a salvo desta tormena. En rolda de prensa hoxe, declarou que "existe unha clara separación" das entidades "independentes" no seu accionariado e "autónomas" en cada país no que opera o grupo.
Ademais de Venezuela, Banesco ten intereses en Estados Unidos e outros países de Sudamérica; sobre todo, Panamá; onde se refuxiaron parte do capital venezolano escapando do chavismo pero onde tamén atopa refuxio activos de mandatarios do regimen bolivariano medorentos de sancións de Estados Unidos, como as adoptadas este luns contra a petroleira estatal PDVSA.
MARCHA ATRÁS NA SAÍDA A BOLSA
A pesar de "as debidas devasas para evitar contagios", Escotet confirmou que por agora ABANCA non sairá a bolsa como se falaba desde 2016, impulsado polos importantes beneficios que segue cultivando do negocio das antigas caixas.
Segundo resume Europa Press, Escotet descartou "calquera risco de contaxio" á entidade financeira con sede en Galicia pola situación política que afronta Venezuela, sobre a que reivindicou sentir un "profundo amor" pero acerca da que evitou pronunciarse.
Escotet presentando hoxe os resultados de Abanca
"A verdade é que sobre a situación en Venezuela creo que todos sabedes o profundo amor que sinto polo meu país, pero prefiro non mesturar os temas políticos e unha situación tan particular como a que se vive no noso país con esta presentación de resultados", afirmou, a preguntas dos xornalistas.
Durante a presentación do balance de Abanca en 2018, Escotet destacou que "non hai ningunha motivación" ou "razón" para que o banco poida estar "preocupado" porque, segundo subliñou, "existe unha clara separación da estrutura de propiedade de cada un dos países" nos que opera o seu grupo, non só en Venezuela senón en todos nos que ten presenza.
Son "independentes e autónomos", resaltou o presidente de Abanca, en referencia ao accionariado e á existencia de "os debidos devasas para evitar calquera risco de contaxio".
Neste sentido, apuntou a que esta separación "comprobouse a raíz do último evento en Venezuela", cando o réxime de Nicolás Maduro interveu Banesco.
Escribe o teu comentario