Venezuela intervén a matriz de Abanca durante tres meses

Escotet, que dimite como presidente de Abanca, diríxese ao seu país para "poñerse a disposición do goberno". Hai dous españois detidos. Vídeo no interior.


|

O Estado venezolano confirma a intervención por un prazo de 90 días de Banesco. O banco venezolano é a matriz da privatizada Abanca, aínda que operan con fichas bancarias distintas.


Juan Carlos Escotet


CARGOS CONTRA BANESCO


O fiscal designado pola Asemblea Nacional Constituínte -que controlan os bolivarianos- asegura que se investigan os seguintes presuntos delitos: omisións na área de prevención e vixilancia da lexitimación de capitais, a presentación de reportes “inconsistentes” sobre actividades sospeitosas e a declaración de só 30 contas irregulares cando a entidade tiña máis de 900 contas sospeitosas.



Hai 11 directivos de Banesco detidos. Segundo os medios venezolanos, dous deles son españois e pediron asistencia ao consulado de España. O embaixador decidiu non dar os seus nomes.


O creador e líder do grupo dimitiu como presidente de Abanca. Juan Carlos Escotet asegura que é para centrarse na posta en liberdade dos seus compañeiros, pero está por ver ata onde afecta esta crise á entidade galega.


ESCOTET NEGA OS CARGOS E MÓSTRASE DÓCIL


Nunha mensaxe de Twitter, Escotet negou os cargos. "Vou a Venezuela con tranquilidade para apoiar aos meus compañeiros e póñome ás ordes do goberno" di o ex-presidente de Abanca. Escotet asegura que "Banesco sempre traballou axustado a dereito sendo moi escrupuloso co cumprimento do marco legal" e que "sempre nos mostramos cooperadores e atendemos todas as solicitudes que nos fixeron".


DIOSDADO CABELlO VOLVE A ARREMETER CONTRA BANESCO


Venezuela acusa a Banesco de ser o epicentro dun esquema para depreciar o bolívar fronte ao dólar mediante transferencias internacionais a Panamá e Colombia. Diosdado Cabello, vicepresidente da República, asegurou en televisión hai unhas semanas, en relación á presunta fraude, que e “máis do 90 % desas operacións fanse pola plataforma de Banesco vai dicir o presidente de Banesco que non sabe nada diso?”.


“Banesco dirixe toda a desestabilización do cono monetario”,concluíu o político chavista, que xa no seu momento, hai uns meses, ameazara con nacionalizar Banesco.



Banesco venezuela detenidos


	Detención de directivos de Banesco/ Alberto Rodríguez Twitter




Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE