Rueda eloxia a Escotet por "ir dar a cara" a Venezuela e deséxalle "toda a sorte do mundo"

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, desexou "toda a sorte do mundo" a Juan Carlos Escotet, que deixou temporalmente a presidencia de Abanca para ocuparse da crise de Banesco en Venezuela, á vez que desexou que isto "non afecte o seu negocio bancario en Galicia".

|

Alfonso Rueda na Radio Galega


Juan Carlos Escotet abandonou temporalmente a presidencia de Abanca para encargarse da crise de Banesco en Venezuela e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, desexoulle "toda a sorte do mundo" para que o conflito "non afecte o seu negocio bancario en Galicia".


Así o manifestou o vicepresidente galego nunha entrevista na Radio Galega, recollida por Europa Press, na que se referiu á decisión do presidente de Abanca de deixar temporalmente o seu cargo para viaxar a Venezuela despois de que o Goberno dese país interviñese Banesco.

Para Alfonso Rueda "se Escotet decidiu que tiña que ir deixando os seus cargos en Abanca" é porque viu "a necesidade" e porque "a situación é grave", apostilou. Así, eloxiou que acuda a "dar a cara" e "tentar arranxar os asuntos nun país no que nada debe ser fácil de arranxar". "Todos temos unha imaxe bastante clara do que pode estar a pasar, pero Escotet mellor que ninguén porque é de alí e mantén unha importante actividade bancaria alí", abundou.

"Deséxolle toda a sorte do mundo e que non afecte o seu negocio bancario en Galicia, un negocio que ten consolidado e que está a crear riqueza aquí", sostivo, para desexar "que iso se manteña con independencia dos problemas que poida ter en Venezuela", que lle desexou que "poida arranxar canto antes".

CONFIANZA EN ABANCA
Preguntado sobre se mantén a confianza en Abanca, Rueda destacou que non dispón de "datos de que exactamente é o que pasa en Venezuela e que repercusión pode ter respecto do negocio en Galicia".

Neste sentido, manifestou que espera que "non teña influencia e que non poida prexudicar". "Agora mesmo, Abanca, fronte ao que algúns agoreiros dicían que ía desaparecer un negocio bancario en Galicia como tal e que se ían a perder as raíces, iso non foi así", comentou.

"Creo que Abanca ten un gran mérito competindo en igualdade de condicións con outras entidades bancarias en Galicia, pero cunha raíz netamente galega que non se perdeu", concluíu o vicepresidente galego.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE