Escotet cobra hoxe 34,8 millóns de ABANCA polos beneficios no que vai de 2018


|

O empresario suramericano segue sacando pingües beneficios do seu investimento nas antigas caixas. O beneficio neto acumulado desde que o FROB adxudicoullas supera os 1.400 millóns.


Juan Carlos Escotet


O consello de administración de Abanca aprobou repartir un dividendo de 0,016 euros brutos por acción este luns, 30 de xullo, segundo informou a entidade á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).


Dado que o banqueiro venezolano Juan Carlos Escotet e os seus socios son donos do 95% da entidade, a práctica totalidade do diñeiro irá para eles. Así, o magnate recibirá uns 34,8 millóns brutos. Para os accionistas minoritarios quedan a repartir 1,9 millóns.


Esta retribución abonarase con cargo aos resultados do exercicio 2018, como acordou o pasado venres o máximo órgano de xestión da entidade, que ata xuño gañou 247 millóns de euros, un 7,86% máis.


Así, o banco presidido por Juan Carlos Escotet abonará aos seus accionistas un total de 36,8 millóns de euros e terán dereito a percibilo os titulares de accións de Abanca a data do pasado mércores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE