A crise do económica do coronavirus pode pasarlle factura a Inditex e á súa imaxe, polo menos no sueste asiático. Mentres que en España o seu papel e o do seu fundador Amancio Ortega foi obxecto de non poucos encomios pola súa indubidable colaboración na loita contra a pandemia, máis aló de España as medidas adoptadas por un dos seus provedores de Myanmar están a xerar unha considerable polémica.