(VÍDEO) Brutal pelexa na Praza do Humor que obriga a actuar a sete patrullas coruñesas
Efectivos da Policía Local herculina e da Policía Nacional tiveron que intervir o pasado mércores na praza por mor dunha pelexa protagonizada por varios mozos, con escenas moi violentas que foron recollidas polos veciños que asistiron desde os seus balcóns á liorta.

Aínda que as imaxes non recollen todo o altercado, si se aprecia a un home tendido no chan á porta dun pequeno establecemento e vese como un dos agresores empréndese a golpes con outro home, con cazadora vermella, ata deixalo practicamente inconsciente.
O agresor, con pantalóns curtos e gorra, móstrase moi alterado nas imaxes, vociferando e dando voltas pola praza, ante a mirada atónita de moitos veciños desde as súas casas e dun gran número de transeúntes. Acto seguido, discute con outras persoas sentadas nunha terraza contigua antes da chegada das Forzas e Corpos de Seguridade, instantes antes de que os dous agresores desaparezan por unha das rúas que conectan coa praza.
A intervención policial, con cinco patrullas da local e dúas da nacional, resolveuse coa detención de dúas persoas e con outras dúas asistidas polos sanitarios. Presuntamente, un dos agredidos tentou mediar cos agora detidos despois de que estes iniciasen a pelexa por motivos que aínda se descoñecen.
Fuentes policiais indicaron que a investigación aínda está en curso e que polo menos un dos agredidos tivo que recibir asistencia hospitalaria.
Escribe o teu comentario